medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lecturas de altos voos

Un texto de Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Madrugada do xoves, 2.00 am. Véspera da viaxe a Madrid. Hora do voo 8.10 am. Rematando traballos e facendo a maleta entre mail e mail. Sempre me esquece algo, pero o que máis me amola é deixar atrás a compaña literaria da escapada. Desta volta, veu comigo Séchu Sende, para contarme ao oído, outra vez, O caçador de bruxas, porque hai historias que un non cansa de escoitar.

A escolla non foi ao chou, senón tendo en conta factores importantes, con toda a subxectividade que ten de por si a “importancia”:

1. O formato. Mide 8x13cm. Cabe perfectamente no peto do meu pantalón. Pertence a unha colección de pequenas grandes historias que se chama O lapis do taberneiro, co-editada por Sacauntos e Ediçons do Trece.

2. Ten só 100 páx. polo que o poderei ler de cabo a rabo no traxecto, favorecendo que a propia historia da miña viaxe sexa auto-conclusiva. Agrádame fechar a vida en capítulos, así, se non me gusta algún sempre o podo arrincar e seguir vivindo.

3. Levar un anaco de país cando se vai fóra sempre é necesario… e Séchu en si mesmo é un bo anaco de país.

Dispúxenme a afrontar as horas de sono que quedaban coa cabeza chea destes razoamentos, e entre desvelo e desacougo, abriuse unha fenda en forma de soño… Soñei cun selo literario, chamábase algo así como Voa Lectura, e non, non se trataba dunha gralla, eran libros para ler mentres un vai en avión. A marca gráfica, bastante previsible mais fermosa, era un libro en aberto en forma de V, coma as ás dun avión, un paxaro de papel sobre unha nube.

E as coleccións, cada unha dunha cor distinta que os clasificaba segundo a duración… así, había libros dunha hora, de dúas, de tres… até de transoceánico con escalas… Vendíanse nos aeroportos, e contaban historias de viaxes, destinos ou lugares… escritos por xente de aquí.

No interior, levaban unha invitación a practicar bookcrossing e o desexo dunha viaxe pracenteira, tanto física como intelectual. Cheguei a intuír que moitos pasaxeiros intercambiarían o libro ao chegar a destino, montando unha biblioteca itinerante improvisada. Está claro que de sempre moitos libros viaxan, mentres outros fican nos estantes, pero estes estaban deseñados para iso, como se levasen tarxeta de embarque no canto de lapelas, cunha páxina libre para anotar os lugares polos que pasou.

E tocou o despertador. Asento 28E, ventaniña. Escribín estas liñas sobre a mesa pregable, nun caderno que tamén me acompaña sempre. Séchu quedou para a volta. Pensade ben quen irá de vacacións con vós, que diso dependerán tamén moitas lembranzas asociadas. Bo verán, boa lectura!

NOTA: se a alguén se lle acorda apropiarse da idea, que polo menos me chame para deseñar o proxecto 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 10