medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Dende a trincheira

Un texto de Miguel Ángel Diz Alonso

Miguel Ángel Alonso

Miguel Ángel Alonso

Hai unhas semanas publicouse un estudo da A Mesa pola Normalización Lingüística  que retrata a realidade do noso idioma no ciclo de infantil dos colexios. Sitúa este estudo nun 2 % os centros que empregan o galego dun xeito maioritario.

Os que camiñamos a diario por estas terras coñecemos ben cal é a realidade. O panorama é dramático para quen amamos non só a nosa lingua senón o que ela representa, unha parte vital de nós, da nosa visión do mundo.

Poden pensar algúns que o feito de vivir en Vigo inflúe nesta visión, moi lonxe do optimismo amosado por algunhas voces o ano pasado tras a feira da cultura (Culturgal), ou da deformada –interesadamente- visión de algúns colectivos.

A palabra imposición do galego, calou moi fondo no común da xente e mesmo converteuse nunha verdade defendida por moit@s galeg@s que medraron en castelán.

Ser un dos autores máis lidos en galego representa moi pouco en termos de números. Xa falemos de narrativa ou poesía, xa sexa esta destinada a adultos ou a cativ@s.

Vender 2000, 4000 ou 8000 exemplares é unha gota nun océano tendo en conta o número de habitantes de Galicia. Quizais por iso algunhas editoras lanzáronse no pasado a editar en castelán dentro de Galicia. Dende un punto de vista empresarial, mesmo de supervivencia empresarial, un entende perfectamente esta decisión.

Dende un punto de vista maior non deixa de ser un síntoma da situación que vivimos, e unha decisión que agrava dita situación.

Un fala con escritoras, periodistas, docentes, pais e nais e sorpréndense ante o descoñecemento desta realidade.  Só teñen que visitar as aulas dos colexios e abrir ben as orellas. Escoitar @s futur@s docentes, médic@s, mecánic@s, panadeir@s, escritor@s… Escoitar a lingua que vive nos seus beizos.

Semella que hai moit@s que dormen. Agardo que cando finalmente esperten… non sexa demasiado tarde.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 16