medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Tres días tardaron en dar a morte de Rosalía

Un artigo de Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe, compre falar de “A Porta Verde do Sétimo Andar “ que fixo este mes nove anos de vida e prepara un traballo moi especial cara o ano que ben.

Miguel Ángel Alonso

Miguel Ángel Alonso

Moitos coñecen non só a súa existencia senón o traballo que ven realizando, sendo un dos espazos poéticos máis activos de Galiza nos últimos anos.

Recitais, organización de actos culturais, apoio na publicación dos chamados cadernos Q de Vian, e xerador dunha atmosfera na que os creadores e creadoras de tódalas idades poden sumarse e dar renda solta a súa pulsión creativa. Por suposto, en galego.

Dan forma a este espazo persoas que latexan nas catro provincias galegas, así como Portugal, Madrid ou Granada entre outras. Non se pode falar dunha homoxeneidade entre elas, nin de idade nin de estilo, nin doutra característica común que non sexa o amor pola súa terra e a súa lingua.

Moit@S pasaron por esa porta verde, que co tempo estase a converter nun berro, nunha chamada á que respondemos coa nosa presenza alí onde nos convoque.

Nun periódico fai uns meses A Porta Verde foi nomeada  coma algo pertencente ao pasado nun artigo que pretendía falar dos colectivos poéticos.  É posible que a ignorancia de quen escribe o artigo sobre este tema levara a isto.

Por iso compre pousar aquí o nome de  A Porta Verde do Sétimo Andar. Xa que a pesar de que as súas voces non teñan eco no corpo dalgúns periódicos, existen e gozan de boa saúde.

Quizais cando todo esta fermosa aventura chegue ao seu fin, dean a noticia da súa morte. Só agardo que tarden tamén tres días.

Ese é o sino de todos os que de verdade viven no seu tempo nesta terra que eu chamo fogar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + = 6