medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Os televisores estrábicos’: Obrigado vivir de pé, porque a vida queima

televisores_estrabicos_interiorXa nas librarías a obra do escritor e xornalista Ramón Vilar Landeira.

“Unha grata sorpresa en diversas dimensións, sobre todo polo acaído tratamento unificador que proxecta nun conxunto de relatos e que cobra cabal sentido nas páxinas finais do libro, algo que non é doado nun xénero no que non é doado innovar”. É esta unha das reflexións coas que o crítico Ramón Nicolás parabeniza o desembarco literario de Ramón Vilar Landeira coa obra ‘Os televisores estrábicos’, editada por Xerais.

Segundo explicaba o propio autor nos micrófonos do Diario Cultural da Radio Galega, o fío dos televisores estrábicos xorde entre os anos 2009 e 2010, “é cando se xesta a idea e escribo os primeiros relatos, un momento no que a crise xa é moi evidente e ao meu redor, e nótase tamén especialmente no mundo profesional onde eu me desenvolvía, o xornalismo”. Nesa altura toma forma un proxecto literario enfiado de “momentos de precariedade, soidade e amor” que desemboca nesta obra.

Analiza Ramón Nicolás na primeira crítica do libro que cunha inequívoca vocación realista, o autor achega “unha ollada, chea de forza, ao tempo contemporáneo para dar conta das dificultades que para tantos e tantas supón sobrevivir na sociedade actual, mais non só naquilo que se vincula coas vicisitudes e derrotas que se sofren no ámbito do mundo laboral senón tamén daquelas que se sitúan na esfera do máis privativo e íntimo, isto é, cando tampouco hai outra opción que escribir un libro de relatos para loitar contra a soidade e vivir”.

‘Os televisores estrábicos’, subliña a capa do libro, “emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan extraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos”.

Vindeiras presentacións de ‘Os televisores estrábicos’

  • CERCEDA. Sábado 21 de xuño, 20 horas. Biblioteca Municipal de Cerceda (organiza Concello). Acto aberto
  • BETANZOS. Xoves 26 de xuño, 20 horas. Libraría Biblos (organiza libraría) Acto aberto.
  • SANTIAGO. Data a concretar proximamente. Acto aberto
  • CARBALLO. Agosto (data a concretar). Feira do Libro (organiza Concello). Acto aberto
  • A CORUÑA. Martes 5 de agosto. Feira do Libro. Acto aberto

Nas redes está dende hai días o booktrailer inspirado no libro:

Ramón Vilar Landeira leva a maior parte da súa vida laboral vinculado ao mundo do xornalismo e alén de traballar nas redaccións de La Voz de Galicia e Faro de Vigo dirixiu o diario dixital Vieiros. Na actualidade coordina proxectos relacionados coa comunicación, a cultura e o mundo educativo. Na súa traxectoria como escritor obtivo diversos premios literarios, malia que ‘Os televisores estránicos’ é a primeira obra súa que chega ás librarías. Ramón Vilar é ademais membro fundador de Letra en Obras.

Na rede, sobre ‘Os televisores estrábicos’

O espazo en Facebook de Os televisores estrábicos
https://www.facebook.com/pages/Os-televisores-estr%C3%A1bicos/1410933862517812

No Caderno da Crítica, bitácora de Ramón Nicolás
http://cadernodacritica.blogaliza.org/2014/06/05/os-televisores-estrabicos-de-ramon-vilar-landeira/

Entrevista no Diario Cultural
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-04-06-2014-828164

Comentario a ‘Os televisores estrábicos’: Obrigado vivir de pé, porque a vida queima

  1. Parabéns, Ramón, heino ler en canto remate o curso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 9