medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Morte a crédito

Un texto de Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

De Louis Ferdinand Celine, o título despista, non se trata tanto da morte como da vida en retroceso ata a súa extinción por incapacidade do protagonista. A vida dun príncipe das cloacas, así o describín noutro medio e gustoume, a definición do personaxe, a súa máis ben unha subvida ou unha vida emprestada ou fallida.

Hoxe é o meu día para a entrega en Letra en obras. Ía poñerme con outro artigo, Novelas de cidades, despois de percorrer o traxecto dende o ceo ata o inferno nas miñas dúas últimas lecturas. No ceo, Berlín Alexanderplatz, de Alfred Döblin, admirable novela; no inferno, Ciudad abierta, de Deju Cole, desbotables escritos. En ámbalas dúas, cidades de coprotagonistas, grandes cidades. Velaí queda a mención, abonda. Por ser hoxe. E por vivirmos na Coruña.

Na Coruña vivía Manolo Pardo. Na Coruña nacera, medrara e se desenvolvera como persoa, gran persoa. Tamén se educara, era o meu compañeiro de pupitre na Academia Galicia. Un tipo fantástico, admirable. Hoxe souben do seu pasamento, tres semanas despois. A pesar dos smartphones, e dos emails, facebook e twitters, tiven que sabelo pola revista do Colexio. E aí se detivo o tempo por hoxe. Como escribir de calquera outra cousa? Como escribir de nada?

Imposible falar de morte dende a vida, ben o sabía Celine.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 3