medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Listas que os fan realistas

Un texto de Raquel Boo Anderson

Pasando as follas de El libro de la almohada de Sei Shonagon (selección e tradución de Jorge Luis Borges e María Kodama), leo fermosas enumeracións de cousas cotiás e tomo conciencia de que estamos feitos de listas. Canto se pode saber dunha persoa polas listaxes que o acompañan no seu día a día?

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Tendemos a pensar nas persoas, coma un conxunto de calidades que as definen (bonita, intelixente, leal, amable…) cando realmente as súas accións revelan moito máis desa personalidade, e quizais a máis importante é a acción de elixir, algo que facemos desde antes de ter conciencia de nós mesmos, desde bebés.

Pódese construír toda unha identidade partindo das eleccións que alguén vai facendo ao longo da súa vida. As listas resultantes supoñen unha ferramenta fabulosa para crear personaxes ben definidos, cribles, deses que cando chegas ao final da historia fican contigo, porque os coñeces.

Deixo aquí a selección de cousas que me proporcionan esa dimensión necesaria de realidade para unha personaxe de ficción. Con saber de 5 a 10 elementos de cada lista unha teríamos máis información da que temos dalgunhas persoas coas que facemos vida.

1- O que come: ticket da compra semanal.

2- O que lee: libros que descansaron na mesiña de noite.

3- O que escoita: lista de reprodución de música máis escoitada.

4- Os seus afectos: relación dos convidados ao seu último aniversario.

5- As súas rutinas: listaxe de tarefas da axenda.

6- O seu entretemento: entradas de cine ou espectáculos do último ano.

7- Os seus itinerarios: billetes de tren, avión, bus, tickets de autoestrada…

8- O que lle interesa: selección de páxinas favoritas de internet.

9- As súas paixóns: esa folla de caderno coa lista de persoas coas que tivo unha relación amorosa ou sexual.

10- O que detesta: que se deduce de cruzar os datos obtidos do resto de listaxes.

Nos libros gústame que os personaxes sexan moi persoas e na vida, que as persoas non sexan moi personaxes. E estando moi lonxe de pretender ser Sherlock Holmes, porque penso que hoxe abondaría con botar unha ollada ao perfil de Facebook dunha persoa para obter toda esta información, creo que resulta máis divertido analizar o coñecemento que nos proporciona o día a día en forma de listas, escritas ou non, para coñecer ou debuxar ese ser.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 8 =