medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Pedro Feijoo, María Reimóndez e Rosa Aneiros, os máis solicitados nas librarías en abril

AMOTEO crítico Ramón Nicolás volveu publicar esta quinta feira no seu blog o Taboleiro do libro galego, unha especie de listaxe das obras máis vendidas mensualmente. Os datos recollidos en librarías de diferentes comarcas do país revelan que A memoria da choiva, de Pedro Feijoo; Sete caveiras, de Elena Gallego; e O gardián invisible, de Dolores Redondo, foron os libros de narrativa máis demandados.

Dentro do xénero poético, Moda galega reloaded, de María Reimóndez; Penúltimas tendencias, de Carlos Negro; e Nimbos de Díaz Castro, foron os libros máis solicitados. En canto a Ensaio-Teatro os libros máis vendidos foron A alternativa está aquí, de María Reimóndez; Politicamente incorrecta, de Teresa Moure; Vida e obra de Díaz Castro, de Armando Requeixo.

Dentro do apartado Infantil e Xuvenil, Ámote, Leo, de Rosa Aneiros; Recinto gris, de Ledicia Costas e As meigas de Lupa, de María Solar foron os títulos que máis pasaron por caixa.

Podes ver no blog de Ramón Nicolás a listaxe completa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 4 =