medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O rei Lúar

Un texto de Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

Non se trata dun erro mecanográfico nin lexicográfico senón dun título chocalleiro, deses que proceden dos recantos máis lúgubres do cerebro, onde se agochan somentes neuronas golfas.

De tal caste había ter dabondo o Shakespeare vistas as liortas que se lle pasaban pola cabeza. Para as do rei Lear disque se inspirou nunha historia de raíz celta sobre o reinado da Bretaña francesa escrita contra 1135. O relato vai precisamente dun rei bretón que, xa vello, sinte próximo o final e decide partillar o reino entre as súas tres fillas.

Son sabidas as relacións entre a Bretaña e Galicia a partir do asentamento bretón no arco ártabro alá polo século VI, na rexión que durante algún tempo se coñeceu como Britonia. Dalgún xeito ha permanecer tal ligazón astral no ceo galaico froito da cal xorde se cadra este artigo brincallón.

Resulta que hai unhas semanas fomos ver “Shakespeare para ignorantes”, facendo eu de tripas corazón ante o recoñecemento implícito da miña condición de iletrado. Representou a obra a compañía Mofa e Befa baixo a dirección de Quico Cadaval, quen tamén intervén nun papel por forza sobranceiro. E digo por forza sendo en total tres encol do escenario.

O guión, sutilmente exuberante, utiliza fragmentos e escenas de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Hamlet”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Otelo”, “Romeo e Xulieta” e, si, tamén de “O rei Lear”, entre outras obras do bardo (que non gordo) de Stratford (-upon-Avon). Ben, ao caso:

Chegado á casa e dándolle voltas ó caletre, estimulado este polo tonificante espectáculo que viña de gozar, ocorréuseme publicar no Facebook a proposta de nomear a Quico Cadaval (el mo perdoe…) novo director de Luar, ofrecéndolle a Gayoso (isto non o publiquei no Facebook pero engádoo agora) un posto senlleiro no aparello administrativo do ente. E así, ben ledo e campante, marchei para a piltra.

Mais non descansei. A idea quedou rebulindo entre as circunvolucións cerebrais alborotando o meu sistema nervioso tan propenso este a alterarse ante os proxectos máis desventurados. Eis a xenuína razón do artigo, a de liberarme da inquedanza que me está a causar a proposta non formalizada.

Porque, unha vez cavilada e incluso debatida, mesmo parece ter algo de xeito, a tal proposta. A ver: a televisión debe contribuír á formación humana dos cidadáns, non si? E debe evolucionar cara a estadios superiores de educación, creatividade, respecto e librepensamento. Évos un modelo, xaora, o das TVs públicas. Daquela, o (permitide a maldade) rei de Luar, dito así con todo o meu recoñecemento, se cadra debería deixar paso a novas orientacións, creo eu, a deseños capaces de elevar as tradicións e a cultura popular ao estamento que deben acadar xa avanzado o século XXI. Igual, contra todo prognóstico, mesmo a TVG gañaba algo de audiencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 16