medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O ilustrador. Autor tamén do libro

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Un amigo recomendoume escribir este texto.

Díxome: “Faino, corres o risco que non entendan que fixesches“.

Todo xurdiu tras un encontro cos rapaces dun colexio. O motivo era o libro “A nena á que non deixaban ser feliz“.

A miña explicación sobre o proceso de creación do libro, sobre a eliminación de texto considerado innecesario coa intención de dotar de forza narrativa ás ilustracións, de lograr un efecto comunicador total no que non existisen elementos inútiles. No que o propio lector tivera espazo para imaxinar secuencias, espazos. Sorprendeu aos nen@s e ao propio docente.

Lembro que cando escribía a historia dicíame: esta parte é para Luz. Imaxinaba ao pai, nai, léndolle o libro ao seu cativo. Parando nas imaxes e cubrindo verbalmente o non escrito. Logrando deste xeito unha maior implicación na propia historia e acadando deste xeito pequenas variacións no propio curso do narrado.

En algúns libros a ilustración é un acompañamento ao texto, que non engade maior valor que o estético, mesmo atopas casos nos que o nome do ilustrador non ten peso na propia autoría do libro.

Falando con Luz. Ela déixame sempre patente que lle doe a ausencia de cultura plástica e visual na sociedade. Mesmo o desprezo á hora de usar ilustracións sen citar a autoría do autor, xa sexa ilustrador ou fotografo. Semella que non se dá valor ao compoñente visual das obras.

Como lle dixen ao querido amigo e profesor. “O noso é outro concepto”.

El dedicoume estas palabras:

“A nena a que non deixaban ser feliz” un libro de fusión onde os dous autores se unen para contarche a historia dende a voz que lles é propia. Páxina a páxina Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso narran, de xeito gráfico e dende a escrita, este libro dos sentidos, que nace do corazón; creando unha fusión perfecta dos dous estilos narrativos. Un libro que ben podía ser só unha novela gráfica o un conto fantástico, e iso é o que máis desconcerta nun principio ao público infantil máis afeito a libros máis lineais onde a ilustración carece da importancia narrativa que neste ten. Dando lugar a un novo xeito de narrar ao que non estamos acostumados.

Fusión que te fai chegar ao extremo de non saber onde acaba Luz Beloso e empeza Miguel Ángel Alonso”

Pois iso precisamente queríamos acadar. Un ser vivo diferente ao pai e a nai; é dicir, un novo latexar, un fillo.

Que o docente diga: “imos lelo de novo con outros ollos”.

É fermoso. É necesario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 3