medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Narrativas líquidas

Un texto de Celia Parra Díaz

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

A evolución tecnolóxica trouxo consigo novas formas de contar historias, adaptadas ou ben á linguaxe dos novos medios ou ben ás posibilidades que cada soporte ofrece. Así, dos contos na lareira e o tacto dos libros pasamos á narrativa hipertextual, ó que se deu en chamar “transmedia storytelling”, á narrativa web, ó documental web (ou documental interactivo), á videopoesía ou ás webseries, entre outros moitos exemplos. Todos eles nacen froito da nosa capacidade de adaptación ás novas maneiras de crear cultura na denominada modernidade líquida. “Be water, my friend”, que tamén dicían. Sendo perenne esa nosa necesidade de historias, que nos fai escoller un medio ou outro para transmitilas e recibilas?

Sobre a creación de contidos de ficción para internet falaron hai pouco no Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries a nivel estatal. Ademais de ser un excelente punto de encontro e celebración, o festival propiciou un interesantísimo debate sobre as motivacións de escribir para a web. Por que xorde a idea de elaborar produtos dixitais? De onde se sacan azos para crear contidos sabendo que van ter escasa (ou mesmo nula) rendibilidade económica?

Atopámonos nunha época difícil para a cultura en xeral, na que a publicación de libros descende, a recadación en cines se precipita salvo determinadas fitas, o apoio ó teatro decae e o IVE, pola contra, se mantén en porcentaxes de vertixe. Ante todo isto, a decisión de enfocar a creación á web, terreo aínda pouco regulado en termos de rendibilidade, toma un cariz mesmo ideolóxico. Para algúns, internet permite unha grande liberdade creativa e de experimentación, sen constriccións de estilo ou liña editorial. Para outros, é unha fiestra amplísima para contidos que, precisamente por iso, quedarían fóra das canles convencionais. Hai quen ve, ligada ó seu indiscutible potencial de difusión e ampliación de públicos, a posibilidade de futuras oportunidades laborais. E tamén hai quen se lanza á creación para internet coa intención clara de atopar novos camiños e bocexar novos modelos de negocio. Que, dito sea de paso, habelos hainos.

Preténdase retorno económico ou non, e relendo os anteriores argumentos, semella que as webseries son á ficción televisiva o que a autoedición na web é a poesía en papel.  Malia que o público e a difusión desta última é máis reducido, ambas comparten ese estourido creativo e o desexo de viaxar lonxe na rede. Cada vez hai máis poetas que penduran os seus textos online, e dunha maneira máis militante. Blogs cargados de poemas e creacións cunha periodicidade envexable, poemarios enteiros en diversos formatos. Conscientes de que eses textos xa non poderían presentarse a concursos ou publicarse, en certos casos, deciden apostar por esa filla aínda menor de idade que é a Internet fronte á figura do pai, o tradicional e respetado libro.

Quizais cumpriría ir soterrando os prexuízos que fan da web un medio menor, á sombra da institución que representan as editoriais e as televisións. Decatarse da infinidade de proxectos que nacen só por e para a rede e as novas tecnoloxías, e alí atopan o seu mellor desenvolvemento. Mergullarse na creación de produtos nos que cremos e aproveitar a infinidade de ferramentas (tanto creativas coma económicas) que temos ó noso dispor.

Sobre a motivación e os azos necesarios para acometer todo isto, Daniel Vilaverde, un dos creadores de Poetarras (gañadora do premio á mellor webserie galega) teno claro: “Igual que escribo poesía porque necesito escribila, fago webseries polo mesmo. E seguireino facendo sexa rendible ou non”. Escribimos porque si, porque nos gusta e queremos e dános a gana. Porque nos sae de dentro. Porque hai moitas formas de contar e moita auga que navegar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 9