medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Hai que profesionalizar os booktráilers para atraer novos lectores?

BooktráilerO máximo responsable de Edicións Xerais, Manuel Bragado, vén de abrir un interesante debate na rede: Non se debería buscar un xeito de que profesionais audiovisuais e editoras colaborasen na difusión da literatura galega? A ferramenta que propón Bragado son os booktráilers, como se denominan os vídeos de promoción de libros.

Ata o de agora, a gran maioría dos vídeos de promoción fanse grazas ao traballo desinteresado de profesionais audiovisuais o que limita a produción dos mesmos. A este respecto, Bragado sinala que unha vía de futuro podería ser o traballo conxunto entre medios públicos (TVG), editores e libreiros. Pódese dicir máis alto pero non máis claro: “Producir cada ano medio cento de booktrailers de libros galegos empregando un modelo de concertación intersectorial non sería disparate ningún. Tería efectos moi beneficios para todos os sectores (editorial, audiovisual, bibliotecario e libreiro). É unha idea a desenvolver.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 13