medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Carme Vidal: “Sobrevivir no oficio do xornalismo comeza a ser unha fazaña”

Carme Vidal

Carme Vidal

Pódese facer xornalismo cultural sen morrer no intento? Poder pódese pero hai que estar preparado para ver as cicatrices que deixa un tempo marcado pola precariedade laboral. Aínda así, no país medra vizoso un xornalismo especializado que desafía calquera xeada. Un exemplo é o de Carme Vidal, quen vén de ser premiada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en recoñecemento ao seu labor profesional. Nunha entrevista en Sermos Galiza (medio para o que tamén traballa), Vidal sostén que “o apoio social é imprescindible para manter os medios en galego”.

Tamén esta semana a revista dixital Biosbardia entrevista a Montse Dopico, unha das referencias do novo xornalismo cultural que se está a facer no país. Entre outras reflexións, a editora do Magazine Cultural Galego sostén que a mellor maneira de demandar información cultural é léndoa e formando unha masa crítica lectora.

Podes ler aquí as entrevistas:

-Carme Vidal: “O apoio social é imprescindible para manter medios en galego”

-Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 3 =