medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A festa de Blas

Un texto de Raquel Boo Anderson

Blas, aquel libro de edición coidada, decidiu celebrar a súa efeméride cunha festa de luxo. Na recepción dos convidados, un home en escala de grises servía con esmero un cóctel no que se distinguían claramente as capas do CMYK.

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

O primeiro en chegar foi o autor que, cheo de orgullo pai, abrazou ao exemplar coma se fose o primeiro da tiraxe e ocupou un lugar privilexiado na sala, sabéndose centro das miradas. Acompañábao a súa axente literaria, como sombra de Peter Pan que desaparecía de cando en vez para facer novos contactos.

Despois, unha parella vestida a cadros e raias irrompeu no local. Deseñador e fotógrafa, falaban da resolución; ignoro se da historia do libro ou dos orixinais que viaxaron nun pincho de ordenador a ordenador. Uníuselles ao pouco, unha ilustradora que viña apurada, con marcas de rotulador nas mans, queixándose da data de entrega que lle impuxeran na editora. Pero ese é outro conto, un para nenos e nenas co que levaba mes e medio.

A documentalista e a responsable de dereitos rifaban acaloradamente mentres agardaban na cola do baño. Que se unha non daba crédito. Que se a outra acreditaba. Que se Fulanito nos créditos non estaba… E na pista, a correctora de probas bailaba un agarrado co coordinador editorial, que de tanto cruzares copias con notiñas nas marxes, descubriran certo afecto que ía máis alá das palabras e dos signos vermellos.

Noutro recuncho, unha impresora danzaba, algo máis solta, cun manipulador. Non pensedes mal, que nin ela era unha máquina, nin el un mal bicho. Eran compañeiros de traballo, xa desde tempos de colocar á man os tipos. Ela impón… as páxinas, claro; e el cola, cose, retractila…

Non moi lonxe deles, o xefe de produción e o encadernador comparten anécdotas dos seus respectivos obradoiros e comentan cousas dos acabados, que veñen sendo as características físicas do protagonista, ademais daqueles que terán unha descomunal resaca ao día seguinte.

Os da distribuidora acudiron ao convite que enviou o representante comercial do noso libro. E distribúen, como non, exemplares entre os libreiros que andaban arredor da mesa dos petiscos comparando cifras de vendas.

De súpeto, a xefa do departamento de marketing colleu o micro para presentar un dos editores que agradeceu a presenza dos asistentes e dedicou unhas amables palabras a Blas. Este ollaba quedo e canso desde aquel estante, logo de rular por todas as mans, engalanado cunha faixa con frase de promoción asinada por un coñecido crítico literario.

E eu, unha simple lectora que se colou para roubar unha copia con dedicatoria, paséome entre os convidados para constatar que nin están todos os que son, mais si son todos os que están; aquelas persoas que interveñen na viaxe das letras até as nosas mans. E tamén, que despois de que non me cheguen dedos e dedas para contalos, valoro moito máis a Blas.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 3 =