medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Morreu a Feira das Culturas de Compostela

Un texto de Paco Macías

Paco Macías

Paco Macías

Fagamos un alto na teima esta de falar de “tipos” humanos, para falar da fenecida FEIRA DAS CULTURAS de Compostela. Foron catro edicións, catro proxectos, catro intentos. Esta FEIRA DAS CULTURAS naceu da cabeciña dos Editores de Compostela, un colectivo editorial que teima en traballar en conxunto, sen perder as súas propias personalidades, ben distintas elas.

A FEIRA tentaba ser un encontro mensual de todos os sectores relacionados co que convencionalmente entendemos por cultura. Tentaba moitas cousas. E facíao sen custes, sen subvencións… á maneira das Feiras tradicionais. Eu sigo crendo que era un proxecto ben bonito, unha utopía necesaria nestes tempos e neste país. Aspiraba a ser un carburante que nos levase a todos a algures.

Pero a viaxe tivo que paralizarse. E baixamos dela os catro gatos que nos apuntaramos. E de seguro que algún día iniciaremos outra, e outra, e outra que nos leve a algures, para seguir viaxando. Porque, ¿acaso a cultura é algo distinto?

Pero hai un asuntiño que nos deixou ben tristes, e este foi o silencio, o desinterese de case todos os editores galegos, dos escritores, dos músicos, dos do teatro, do ensino, dos administradores, dos xornalistas, dos programadores, dos artistas plásticos, dos que se moven no mundo infantil, dos que queren vender música, teatro, dvd’s… de todos os que imaxinedes. E, morta de morte morrida esta Feira, ninguén pregunta por ela. A súa morte non provocou nin preguntas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 13