medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Honestidade

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

…literaria. Si. Teño oído e sobre todo lido máis dunha vez iso de que tal novela ou de que a “proposta narrativa de tal autor é honesta”. O termo xa chama a atención na vida real, no tempo presente, referido á conduta e ás ideas da xente, en particular da que presume diso, de honestidade.

Eu desconfío igualmente da honestidade na literatura, de igual xeito que máis dun poeta desconfía da poesía festiva (a última que o dixo coido que foi Emma Pedreira). A creación literaria, para non andármonos con tecnicismos, vén sendo un proceso mediante o cal o escritor non da conta do real, senón que o redefine para que todo acabe como a el lle gustaría. Fabricar unha obra literaria consiste en dous pasos: primeiro, escribir o que che veña á cabeza sobre un asunto; e segundo, pasar o resultado por unha cadea de pulido, medido, serrado, engordado ou atenuado e, tampouco sería raro, adecuado á moda vixente. Desfigurado, en definitiva. O que se obtén ó remate é algo xa moi distinto da materia prima. Dificilmente cualificable de honesto, pois. A honestidade, como moito, ficaría no primeiro paso. Como moito.

Un bo exemplo para comprender isto sería o que dixo Bukowski sobre a obra de Albert Camus: “Fala da miseria coma se acabara de papar un bisté con patacas”.

Literatura pode habela mellor ou peor, a xuízo de cada un, pero mal podería habela honesta. Xa non é só que por norma non reflicta iso chamado realidade, senón que, ademais, dos camiños que contempla para guiar por eles ó lector, ningún inclúe parada nela.

Xa que logo, se imos procurar literatura honesta, válenos máis buscar entre os descartes editoriais, ou neses caixóns privados cheos de orixinais forzosa ou voluntariamente inéditos. Haberá lectores especializados fartos de teren que ler esas novelas que con certa frecuencia recibirán de mans de xente con poucas lecturas e moita gana de axustar contas, cheas de neuras e baleiras da calidade literaria que aqueles preferirían. Pois ben: se temos que falar de literatura máis ou menos honesta, se nalgures está, se cadra é alí. E para de contar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 8