medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A escasa implicación do sector fulmina a Feira das Culturas de Compostela

FeiraLogo de medio ano de andaina e catro edicións, a Feira das Culturas de Compostela bota o pecho. A organización decidiu aparcar unha mostra que aspiraba ser un referente mensual para a comarca de Santiago e a súa contorna. A iniciativa nacía dunha aposta de autonomía do sector que fuxise de tutelas institucionais.  Un dos seus impulsores, o editor Paco Macías, sinala nun artigo en Letra en Obras que: “A FEIRA tentaba ser un encontro mensual de todos os sectores relacionados co que convencionalmente entendemos por cultura. Tentaba moitas cousas. E facíao sen custes, sen subvencións… á maneira das Feiras tradicionais. Eu sigo crendo que era un proxecto ben bonito, unha utopía necesaria nestes tempos e neste país. Aspiraba a ser un carburante que nos levase a todos a algures.”

Dende a organización subliñan que a razón deste adeus foi: “o desinterese de case todos os editores galegos, dos escritores, dos músicos, dos do teatro, do ensino, dos administradores, dos xornalistas, dos programadores, dos artistas plásticos, dos que se moven no mundo infantil, dos que queren vender música, teatro, dvd’s… de todos os que imaxinedes. E, morta de morte morrida esta Feira, ninguén pregunta por ela. A súa morte non provocou nin preguntas.”

Comentario a A escasa implicación do sector fulmina a Feira das Culturas de Compostela

  1. Hai algo niso que chamamos mundo da cultura que non funciona. Semella que seguimos en mundos pasados. E isto que conta O’Macías ten o seu aquel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 15