medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O case bo xuízo

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

Hai pouco, nesta páxina facíase referencia a unha entrevista recente de César Lorenzo Gil a Dolores Vilavedra. A entrevista non trae moita novidade no sentido de que Vilavedra continúa a amosar a súa lucidez. Concordo coa meirande parte das súas apreciacións sobre a literatura galega actual, que é difícil expresar mellor. Esclarecedor é o que di sobre o policial, iso de que restaura na ficción a orde que falta no mundo, e significativo que non fale da novela negra, porque é xusto ó contrario: os seus protagonistas pretenden alterar a orde establecida. O de falar do Día das Letras Galegas coma dunha celebración “esclerotizada” só o podía dicir ela.

Porén, tamén teño que levarlle a contraria algunha vez. Non é un “artigo de réplica” (inútil sería, tamén), nin pretendo atacar, senón indicar o que me parecen imprecisións de importancia.

Fala ela de que hoxe imperan “varias estéticas”. Se se refire á parte visible da literatura galega actual, eu non as vexo. Hai distintos temas e distintos xéneros, pero o ton é máis ben uniforme e temperado.

O de pasar do editor “convencional” á rede véxoo dubidoso. E non porque non leve boa intención nin certa lóxica a idea, que as leva. O que pasa é que é coma esoutra recomendación que se fai ou facía ós desempregados de non depender do empresario e converterse un mesmo nun. Revelaba unha grande inxenuidade (ou cinismo, cando proviña de arriba), ó supoñer que un desempregado tería, por norma, os milleiros de euros necesarios para poñer en marcha o negocio esquecidos nun peto dos vaqueiros. Aparte, claro, de lles atribuír a todos vocación empresarial, algo fundamental para que un proxecto non vaia ó carallo. A rede é un espazo tan interesante coma saturado, onde calquera pode sumar un blog ós tropecentos mil de toda temática e caste xa existentes cun público fiel para obter tres visitas diarias e publicitar no seu Twitter con 50 ou 100 followers un libro autoeditado en ebook ou PDF, como xa farán milleiros de persoas máis ou menos “asentadas”. A min xa mo teñen suxerido e non o desboto. Precisaría ducias ou centos de miles de followers interesados no que ofrezo, unha boa campaña publicitaria e, si, unha notable visibilidade, prestixio, como queira chamárselle traído de fóra, do mundo “analóxico”, que é o que adoita atraer visitas ó blog e seguidores á conta; difícil, pois, para un autor descoñecido, cumprir este requisito. Con todo isto, se cadra a cousa funcionaba. De tódolos xeitos, como digo, hai que telo presente, porque algo hai que facer, sempre. Non obstante, moito ten que mellorar esa “ferramenta” para pasar de castelo no aire.

Tamén se insinúa unha equivalencia arriscada: a de que a valía dunha obra literaria se mide polo interese que esperta entre o público.

Con respecto ó ton “convencional” do que se edita aquí (do que máis se ve, imaxino que se quere dicir), xustifícao co razoamento de que as editoras teñen que gañar e afianzar lectores, e que isto non se logra só con Joyce e Baudelaire. E non hai máis alternativas ca a) literatura para deleite da crítica máis estrita ou b) literatura “convencional”? Non debera ser difícil. Hai precedentes en épocas menos favorables, desde os exploits á galega de Xosé Fernández Ferreiro á fantasía e aventura poderosas de Xosé Miranda; o seu non era nin “convencional” nin delicioso. Só hai que abrir a porta.

Polo demais, a entrevista vale ben. Sobre o titular, teño que dicir que a min nunca me molestaron as críticas negativas. Aviado iría, que doutras non recibín como escritor profesional. As da miña obra eran, iso si, eufemísticas: coñecíase que os seus autores, tendo gana de escribir que eu mollaba a pluma en esterco, escribían que as letras da miña autoría estaban “entre a orixinalidade e a bagatela” ou que “ogallá se lles notara a influencia de Kafka e non a da claqueta”. Pero vaia, benvidas sexan todas. Á inversa do que sucede na vida real, na literaria é preferible que te acoitelen a que te ignoren.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 11