medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

His

Un texto de Cris Pavón

His. His voice? No, only his words.

Cris Pavón

Cris Pavón

Cando non había internet nin teléfonos intelixentes nin sequera DVDeses, namoreime de dous homes -non ao mesmo tempo- só polo que dicían. E non o dicían na tele nin na radio, senón por escrito. Tampouco era que me escribiran a min, non, pero ao ler os seus textos mergulláronme na súa personalidade, na súa visión do mundo, no seu xeito impagábel de estaren vivos -casualmente estábano- e namoreime.

Foron só as súas palabras núas, sen ter sequera ese algo material, e pode que tan sensual, como é a voz que as pronuncia. Non tiña máis imaxes que, do primeiro, a foto da capa dun libro. Do segundo nin iso.

Tiña dezaseis anos e lía ‘Rayuela’. Ler, executar no meu sistema nervioso ese ou outros textos de Julio Cortázar, foi sentir que o mundo se agrandaba, a felicidade transmitíase polas liñas, o corazón batía ao ritmo da súa puntuación. Si, arritmia querida. Aquilo era amor. Quen o probou o sabe, e eu xa o probara malia ser cunha persoa á que podía falar e abrazar.

– E para que o levas, se xa o liches? -preguntoume miña irmá, tan observadora, ao ver que metía o ‘tocho’ Rayuela na equipaxe para marchar á Coruña, onde ía estudar.

– Por se o quero volver a ler -respondín co ton de obviedade nado das moitas veces que se relían os libros na casa.

Pero ela ben detectara a verdadeira causa, namorárame daquel home e o libro era o único físico que tiña del, non o ía deixar atrás.

Lectora sempre fun, lectora-devoradora nalgunhas épocas da vida, e seríame traballoso rematar a lista de obras que me gustaron, e moito -senón non as tería lido, son bastante expeditiva niso-, que me influíron e axudaron a construírme ideas sobre o mundo. Pero nunca ao través das letras volvín atopar iso que chamei amor -fascinación xunto tenrura e desafío- até que anos despois lin, grazas a un amigo, ‘El Barón rampante’ e coñecín a Italo. E namoreime outra vez como pensara que xa non era quen de namorarme por unha escrita, porque xa tiña lido moito, pensaba, e vivido máis. E se cadra por iso foi dobremente doce a segunda vez. E proporcionalmente desgraciado. Pero iso ímolo deixar.

Só engadir que dende aquela non me volvín namorar de ningún escritor nin escritora. E que agora só podo querer a xente coa que teña relación directa e algún rozamento, por lene que sexa. Secuelas da lectura solitaria, ese vicio nefando propiciado pola inconsciencia tecnolóxica que multiplicou as imprentas?

Non sei. Non che digo que non.

(A Ana Bande, with love)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 8 =