medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Esplendor arcano

Un texto de Marcelino Fdez Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Tras ler “Esplendor arcano”: só penso e maldigo a escasa proxección da literatura en galego. Así mesmo llo manifestei ao autor poeta, Ramiro Torres. Puido ser a súa intención oculta, el inseriu un “arcano” no título, maldicir ese eco apagado, denunciar o case silencio das respostas. Arcano de secreto e oculto. Dicíao Pessoa: “A majestade sombría de esplendor desconhecido”.

E volves-me calcinar

na tua dança líquida,

roçando-me na comoçao

de um rio fluindo desde

a ilha redonda construída

na vibraçao dos sentidos,

de um pólen expandido

nas avenidas do incêndio.

Para os non lectores de poesía, descubrir textos como este lévanos a reorientar a dedicación do noso tempo libre. Se un fin último pode ser a busca da beleza, velaquí un camiño aberto de ritmo e alento e indagación. “Esplendor arcano” transmite, ou inxecta, doses fortes de sensación. A sucesión de pararelismos precisos en cada poema, que en secuencia crean un discurso, completan un relato dun “nosoutros” que é asemade un grande interrogante.

Dos últimos e minguantes títulos da literatura en galego (normalizado ou non), edítanse 50 exemplares, nalgúns casos 200. Nin sequera hai vocación de chegar. Escribimos para unha audiencia invisible a través dunha industria inexistente dentro dun país intrinsecamente negacionista. “Esplendor arcano” merece miles de lectores, como outros títulos, incluso algúns sen publicar por falta de editores dispostos.

Termina Pessoa, de novo: “A literatura, que é a arte casada com o pensamento, e a realização sem a mácula da realidade, parece-me ser o fim para que deveria tender todo o esforço humano, se fosse verdadeiramente humano.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 11