medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Dolores Vilavedra: “As críticas seguen a levarse mal”

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra

A revista dixital Biosbardia publica esta semana unha ampla entrevista coa crítica literaria Dolores Vilavedra.  Na mesma, a tamén profesora de Literatura na Universidade de Santiago, afirma que ten a impresión de que na literatura galega segue imperando o “autoengano e a compracencia”. Vilavedra cre que existe “certa involución cara a actitudes proteccionistas que xa deberían estar superadas. Cando non é así, as críticas seguen a levarse demasiado mal. Este ambiente non favorece a visualización da literatura de calidade”.

Para Vilavedra, é evidente que se publica demasiado por “un xeito errado de entender a normalización”. Diante deste panorama asegura que “unha certa contención cuantitativa no número de orixinais que se publican, imposta pola crise, pode virnos ben”.

Podes ler aquí ao completo esta interesante entrevista.

 

2 comentarios a Dolores Vilavedra: “As críticas seguen a levarse mal”

  1. A entrevista parece feita hai dez anos. Hoxe non creo que se publique demasiado. O que hai é unha uniformidade asasina no concepto de “editorial ou literariamente aceptable”. E as críticas malas non se encaixarán ben, pero peor o encaixará quen non as recibe de ningún tipo, porque iso xa é o deserto.

  2. Por certo, iso de dicir que os autores non se atreven a pasar das editoras “clásicas” en favor do dixital por preferir o vitimismo é unha arroutada, imaxino. Sobre todo porque suxire que deberan “testar o interese que os seus libros espertan na rede”. Se cadra non o meditou moito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 5 =