medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De muros, valos e cancelas

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Ángel Alonso

Miguel Ángel Alonso

Aproveitamos a fin de semana para estar cos meus pais. Son consciente de que non todas as persoas poden gozar dese pracer.

O tempo pasa por todos nós. Só temos que ollar uns pra os os outros. Semella que tras calquera recuncho pode un atopar o neno que foi, @s amig@s que xa marcharon.

Tamén pasa o tempo polos lugares que habitamos no pasado. Intúo que para un recen chegado ao barrio, case todo semellará novo. Os patios ben limpos, paredes pintadas non fai moito, pisos construídos fai uns 30 anos que, todo aí que dicilo, resisten máis que dignamente o paso das décadas.  Pero nós, os antigos, sabemos realmente que aconteceu naquela paisaxe que, adornada nun intento por apagar a historia e beneficiada pola ausencia de rapaces e rapazas no presente, é incapaz escapar aos nosos ollos e a memoria.

Se un observa coa atención precisa e se deixa guiar pola nosa voz participara da verdade agochada tras cada muro. E dentro de cada un destes muros, será quen de distinguir distintas fases de construción. Todo coa finalidade de separar os nenos e nenas dos diferentes edificios.  Coa idea de protexer o espazo propio e imposible de compartir.

Porque nós, os antigos nenos, teimabamos en xogar xuntos, e non coñeciamos os limites  impostos polo home, non percibiamos fronteiras, non tiñamos ese concepto de propiedade e exclusión debaixo da pel. Só queriamos xogar ás agachadas, ao fútbol, ao brilet, policías e ladróns, á buxaina, ás bolas, ás chapas…. e tantos outros xogos.

Non, non entendíamos de fronteiras. E é por iso, que construíronse muros e valos, e puxéronse rexas onde foi preciso, e tamén cancelas.

E os nenos comezaron a sentir que cada pequena porción era súa e que os outros era estraños.

Moitos deixaron de xogar e de compartir porque deixaron de ser nenos. Un bo día convertéronse en maiores. Xa tiñan, ou tiñamos, a lección aprendida.

Hoxe camiño cos meus pais, a miña muller e a nosa pequena. Camiño con ela da man e ollo todos eses muros cheo de vergoña.  Non preciso ir a Alemania ou Israel para ensinarlle a nosa filla muros cheos de infamia.

Cóntolle a historia porque eu seina. Son un neno antigo que aínda latexa coa forza suficiente coma para saltar muros e romper cancelas.

Cóntolla para que ela non participe na construción de muros entre os homes e as mulleres da Terra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 13