medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Abre o prazo para o Torrente Ballester de Narrativa, o ‘premio gordo’ de narrativa

GONZALO TORRENTE BALLESTERO Torrente Ballester de Narrativa é o premio mellor dotado economicamente de todos os que cada ano se convocan en Galicia (25 mil euros e maila publicación da obra). Ao premio que convoca dende 1989 a Deputación da Coruña poden optar tanto obras escritas en galego coma en castelán. Os traballos poden ser novelas ou conxunto de relatos e terán que presentarse preferentemente en formato dixital (CD). Tamén se poderán achegar en papel (por duplicado). O prazo mantense aberto ata o 1 de xullo.

Na nómina de obras gañadoras para a literatura galega están: A cidade dos Césares (Víctor Freixanes); Que me queres amor? (Manuel Rivas); Un xogo de apócrifos (XC Caneiro); A memoria do boi (Vázquez Pintor); As humanas proporcións (X. Constenla); A choiva do mundo (X.M.  Pacho Blanco); e O xornalista. A vida do outro (Carlos G. Reigosa).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 8