medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Á procura de trazos que nos describan: Vigo réndelle tributo a Xela Arias

HomenaxeXelaAriasAELG1A cidade de Vigo lembrará o vindeiro martes 11 de marzo (ás 19 horas, no IES Álvaro Cunqueiro, na rúa Porriño) a Xela Arias, sen dúbida un dos cumios da poesía galega de finais do século XX. A súa prematura morte, con só 41 anos privounos de ver a súa evolución e madurez como autora. Agora, once anos despois do seu pasamento, a Asociación de Escritores en Lingua Galega renderalle tributo a Xela Arias na cidade na que morou practicamente toda a súa vida.

A AELG escolleu un verso de Xela Arias (Á procura de trazos que nos describan) para facer toda unha declaración de intencións. Dende a asociación explican que: “Homenaxear a Xela Arias é testemuñar que se tratou dunha autora singular para o seu tempo. É render homenaxe a unha voz única e a unha muller para quen a literatura foi un modo de vida. Unha muller que sentía e amaba a súa lingua, a terra e o pobo que creou esa lingua. É o momento de lembrar a Xela, unha década despois do seu pasamento, na cidade en que viviu, nas voces que darán a dimensión extensa da súa personalidade, activa e curiosa, polifacética, que sumou poesía e música e plástica e creou arte. Xela poeta, tradutora, editora, docente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 11