medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Os ultimacocacolanodeserto

Paco Macías

Paco Macías

Entre estes estamos todos, mesmo os ADVERSATIVOS e os PADIANTE, todos temos algo deses que se cren importantes, estes ufaneiros, requichados e piripostos, estes que só falan de si mesmo e dos “seus”. Todos somos un algo así, mafiosos, caciques e fachendosos.Todos nos cremos ás veces a última coca cola no deserto. Pero hainos que se cren o máximo, e son eses que falan e falan e sempre alto e máis alto. Son empachosos, espirrinchados, alabadizos… espuxelados de tan vaidosos que son, botaporeles ou borreantes, ou máis ben berróns. Son zerigallos de tan presumidos e indiscretos que adoitan. Son acomplexados e violentos se non lles fas caso. As súas paparruchadas seméllanlles as cousas máis importantes do mundo. E non conciben que os demais non sintamos o mesmo. Que esbardalle o destes esbardallantes! Moito falan en banda estes latricadores! Coma case sempre a solución debería ser o silencio. Pero a estes armantes que viven do ruído, convenlles tamén o silencio voluntario ou obrigado dos demais. Así que non lles imos seguir o xogo. E, na cultura galega, os aborrecedores ultimacocacolanodeserto son lexión. E chegan, case, a ocultar, na música, a Víctor Aneiros, entre outros. Na literatura levan anos, case séculos, negando a Pepe Velo, o activo grande poeta da espranza. Porque teñen medos das ilusións que non sexan as deles e os “seus”. Poñan vostedes os nomes doutros “silenciados”, pois de seguro que coñecen bastantes.

2 comentarios a Os ultimacocacolanodeserto

  1. Macías, boto de menos máis claridade. Fala do mundo editorial, ese escándalo narcisista, endogámico, que o máis parecido a unha mafia que eu coñeza. Críticos asalariados de editoras, críticos casados con editoras, críticos que publican só na súa editora… buf!

    ¿E iso que chaman canon literario? Aí si que ten razón, podiamos facer outro de maior mérito facilemente. ¿E por que non se fai? Porque os que falan e falan son eses dos que vostede fala, e só falan deles mesmos e dos “seus”.

    Víctor Aneiros ou Sumrrá son só dous exemplos. Aquí en Galicia tes que estar metido nun certo “mundiño” ou vas aviado. No caso da lietaratura ´çe xa un escándalo. ¿Hai alguén que escriba contos en galego mellor que Isidro Novo?

    Pois iso. Menos xeralidades, e maís concrecións.

  2. Ostias, sr. Macías, ¿está a falar vostede de Alonso Montero?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 8