medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O confort da homoxeneidade

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

O xornalismo está cheo de palabras e expresións que perderon o seu significado, por desgaste. Os máis dos destinatarios da súa mensaxe semellan conformes con esta repetición insulsa; moitos mesmo participan dela. Hai unha modalidade en particular que o ilustra moi ben: o deportivo. Nun encontro futbolístico, tamén chamado envite, as espadas están por todo o alto, algúns defensores centrais saben rasear moi ben o esférico, outros provocan penas máximas nos minutos psicolóxicos (primeiros ou últimos dunha das partes), algúns arietes caracolean na frontal da área para evitar que os defensores os encimen, outros agardan que os mediocampistas manden o balón ó caldeiro á desesperada… Etcétera. Este tipo de linguaxe precociñada remata por virar contaxiosa xa non para o receptor da mensaxe, en teoría profano na materia, senón dentro do propio mundiño. Se un segue a rolda de prensa dun adestrador, e sobre todo a dun xogador calquera, notará que con frecuencia o interpelado responde, case sempre nun ton monocorde ou ben finxidamente emotivo, con palabras e frases tomadas directamente do xornal, do programa radiofónico, do informativo televisivo, sen molestarse sequera en disimular mediante o uso de sinónimos ou formas equivalentes, sen permitirse o luxo de poñerlle ó dito un mínimo toque persoal. Lembro que, durante a retransmisión dun partido de fútbol por unha canle privada, o locutor, nun dos momentos menos emocionantes do xogo, púxose a defender o léxico que el empregaba para comentar os partidos, que el mesmo definía coma unha sucesión de couces ó dicionario. Segundo el, cumpría entender que esta especie de terminoloxía técnica constituía un caso singular e disque necesario, polo cal, digo eu, transcendería as normas da Real Academia e, por tanto, debera recibir a condición de excepción autorizada. O comentarista convidado, un ex futbolista gaditano moi coñecido, amosou entón a súa preocupación porque este tipo de linguaxe fora afeada ou suprimida, agora que estaba el “aprendendo” tanto. O caso é que a este ex futbolista tíñalle eu sentido falar de fútbol de xeito informal nalgunhas emisoras de radio, e achei que era aí onde residía a súa gracia, nese sal que supuña falar coma un rapazolo de Xerez onde todos falaban coma autómatas de ningures. Pois el, así e todo, quería matar ese sal.

Dixo tamén o que fora pívot do Real Madrid, o coruñés Fernando Romay, a conto da súa mocidade, que el pretendera ser igual cós máis dos mozos da súa idade, sen éxito por causa do seu tamaño, sen decatarse de que o bo de verdade é ser diferente ata ser vello de máis para gozalo.

Falei de xornalismo deportivo, pero sucédeme que, ó entrar en calquera libraría e botar unha ollada polos andeis adiante, imaxino a moita xente do gremio enganchada a certos libros ou autores coma a audiencia deses programas deportivos estará ó transistor ou ó televisor, tan seducida, igual ca ese ex futbolista, por un xeito determinado de contar as cousas, que non quere saber nada de ningún outro que non lle imite. Cómoda nesa homoxeneidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 4