medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Entre as zocas e os lóstregos’, poesía galega e música indie

Nacho Mora

Nacho Mora

O músico coruñés Nacho Mora prepara a gravación dun disco baseado en textos de coñecidos poetas galegos.  O que fora integrante de Elephant Band (banda da que formou parte canda Xoel López) busca apoios a través da rede para lograr os  catro mil euros que custa as horas en estudo e unha tiraxe física de 300 vinilos e 500 cds. O disco estará composto por once cancións baseadas noutros tantos poemas de autores como Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro e Uxío Novoneyra.

O músico, afincado en Madrid, sinala que empezou a traballar neste proxecto hai xa cinco anos e que parte da culpa a tivo a saída do disco Manifesto Dobarrista: “andaba co runrun na cabeza, había que recuperar o galego nos ámbitos musicais fóra do folk, porque que demos, é posiblemente o idioma máis bonito e musical que existe”. O título do disco sácao do poema de Cunqueiro: “Eu nascín / entre as zocas e os lóstregos/na mitade da noite/ corenta e sete días despois do primeiro aeroplano”

  • Podes apoiar dende aquí o proxecto e conseguir un dos cds

Este é un dos temas que estarán no disco (Illas Lobeiras, dun poema de Miro Villar)

2 comentarios a ‘Entre as zocas e os lóstregos’, poesía galega e música indie

  1. Pingback: Os versos de Miro Villar musicados en clave indie

  2. Pingback: Os versos de Cabanillas, Novoneyra e Cunqueiro pasan pola Telecaster | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 13