medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Dúas das librarías máis coñecidas da Coruña, Couceiro e Nós, botan o peche

Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña

Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña

A Praza do Libro da Coruña, a escasos metros da céntrica rúa Juan Flórez, fai menos honor que nunca ao seu nome. Dúas librarías históricas alí emprazadas botan o peche: a Couceiro e Nós.

No caso da Couceiro, estandarte do libro en galego na cidade dende 1982, o peche está directamente relacionado coa xubilación do matrimonio que a rexenta: Carmiña Couceiro e Pepe Díaz. Sen relevo familiar, a parella agardará ata este mes de maio para ver se hai alguén interesado en continuar co negocio. De non atopar persoas para o traspaso, a libraría pechará definitivamente as portas.

Libraría Nós

Libraría Nós

A Libraría Nós, que permanecía aberta dende 1974, remata a súa actividade debido a que, segundo explican, a forte baixada de vendas (case un 50% nos últimos anos), imposibilita a viabilidade do proxecto empresarial. A libraría, que conta cun gran fondo, comezou especializándose en libros relacionados coa arquitectura e posteriormente tamén foi famosa polo amplo catálogo en literatura infantil e xuvenil e a súa aposta por difundir a literatura menos coñecida que se producía en Europa e América.

 

Comentario a Dúas das librarías máis coñecidas da Coruña, Couceiro e Nós, botan o peche

  1. Manuel Blanco Mouro

    Outro golpe a nosa cúltura. Aínda que eu non son coruñés quero agradecer as persoas que fixeron posibel un sono para a nosa lingua que agora se esvaece.
    Grazas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 16