medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De twitter, poesía e cereixas

 Un texto de Celia Parra

Ocórreme moi a miúdo. Abro o ordenador coa intención de desconectar cinco minutos. Premo nunha ligazón. O seu contido lévame a outra. Aventúrome nela e descubro outra aínda máis interesante. E desencadéase así a historia interminable na pantalla.

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

O twitter, por exemplo, é un saqueto enorme de cereixas. Unhas xa maduras, outras recén agromadas, algunhas comestas de todo a forza de tantos dentes petiscando nelas. E sempre van da man. Por iso adoita estrañarme que a cor predefinida dos hipervínculos sexa azul, e non verde coma os rabiños que unen as cereixas.

Desta volta andaba eu na procura de poemas para a sobremesa. Ultimamente gústame consumilos en vídeo, o que, para continuar co símil culinario, é coma quen toma fresas con chocolate e se relambe co pracer da unión de dous alimentos xa por separado irresistibles. Na liña de tempo apareceron uns cantos, escollín un. A cadea continuou o seu curso ata chegar a unha cereixa coñecida, Heather Haley, quen mantén unha columna mensual sobre videopoesía. Devorei cos ollos. E seguindo o último rabiño verde, cheguei a The Poetry Storehouse.

Vense de crear, conta Haley, unha plataforma web de almacenaxe e intercambio de poemas, vídeos, e audios. Mentres nós aquí pelexamos coa SGAE, do outro lado do océano virtual pendúranse textos co único e fervente propósito de que alguén os faga seus e os converta en fresas con chocolate. Nace co obxectivo de fomentar a colaboración e o remix, tan característicos destes tempos. “Tanta literatura derramada e nós, atropelando botóns e corchetes” dicía María Lado no seu particular Berlín. Apañar e sementar literatura. Procesos necesarios para que siga medrando. Berlín, por certo, ten o seu propio festival de videopoesía.

Satisfeita, dou por finalizada a sobremesa e pecho o explorador. Entre as teclas, aínda húmidas, un cento de carabuñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 3 =