medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De poesía e poetas

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Aprendín a respectar o oficio da escrita en xeral, e da poesía en particular, a través das moitas conversas que mantiven con mestr@s da palabra, e da mesma levada á acción no tecer diario.

Miguel Ángel Alonso

Miguel Ángel Alonso

É por isto que cando una persoa cualifícame como poeta, vexo o longo camiño que falta.

Sei das empinadas costas, das moitas horas de traballo, da árdua aprendizaxe e da responsabilidade que asume toda persoa que, verdadeiramente, queira seguir ese carreiro.

“O compromiso do poeta vai máis alá dos seus versos. é un compromiso total e absoluto coa vida”.

Sempre falei de min coma un aprendiz de aprendiz.

Os anos pasan e o tempo, neste caso amigo, lévame a saberme hoxe, aprendiz do oficio. Pero non poeta. Aínda non.

Todo isto ben da pregunta dun amigo, que nada ten que ver co mundo literario: “Seguro que coñeces moitos poetas?”

A verdade é que a resposta é non.

Hai persoas que ben poderán selo pola súa calidade na escrita. Coñecen ben a técnica. Dominan ritmo e rima. Son quen de xogar coas palabras e connosco. Pero o seu comportamento dista moito do que se lle debe esixir a un poeta.

Quizais si se poidan chamar actores ou artistas. Pero poetas?

Si, escriben poesía pero fáltalle a alma. O seu compromiso “cos problemas do noso tempo; coas angurias das nosas xentes”; como dixo o poeta Celso Emilio Ferreiro.

Un poeta que cala polo seu propio interese…?

Logo están os poetastros. Que mexan versos coma quen metralla laranxas. Non teñen ningún respecto polo oficio chegando incluso a una banalización do mesmo.

Calquera pode ser poeta, con tal de unir palabras en versos con relativo acerto.

Non, meu amigo. Non coñezo moitos poetas. Iso si. Os poucos que coñezo son grandes almas, fachos que marcan os segundos a percorrer até o fin do meu tempo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 10