medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Cicloxénese explosiva

Un texto de Marcelino Fernández Mallo

O medo é un sentimento ben humano; quen ten sangue, ten medo, pódese afirmar. Incluso un podería tirar dunha frase popular menos neutra. Cu e sangue compartimos cos animais; o medo tamén.

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

E Maite tiña medo. Normal. Non era só polo ruxido do vento, nin sequera polas imaxes de estragos que vira na tele. Era sobre todo por aquela denominación bélica, cicloxénese explosiva, que se mencionaba por tódalas partes. Soar, soáballe peor que “terceira guerra mundial”, por exemplo. Así que colleu o móbil para guasapear con Marcos.

As familias de Marcos e Maite mantiñan unha estreita relación de amizade e eles coñecíanse dende nenos. Dalgún xeito, podíase dicir que mocearan, que foran cadanseus primeiros namorados. Mais cativos coma eran, nunca chegaran sequera a xuntar os beizos.

Como adoita pasar, Maite e Marcos perdéranse a pista ata que, transcorridos cáseque trinta anos, se volveron atopar cruzando unha praza acabada de remodelar. Quedaran a tomar un algo e seguiran véndose cada certo tempo, máis que nada por comentar as novidades das respectivas familias. Estaba previsto un novo encontro no café habitual pero ela, desta vez, non o vía claro.

–        Marcos, case mellor o deixamos para pasado mañá, non si?

–        E logo?

–        Digo pola cicloxénese.

O Marcos, que era un tipo informado, puido terlle contestado que a cicloxénese, como o propio nome indica, trátase unicamente do proceso de formación das borrascas, pero o que chegaba ás costas era iso, unha borrasca, ou temporal, ou galerna… Demasiado complicado para o whatsapp.

–        Malo será.

–        Ai non, Marquiños, que a cousa estache moi fea.

–        Sen problema, vémonos o mércores logo.

Enténdase a conversa dixital coa sintaxe, léxico e aditivos propios da nova gramática tecnoliteraria. O martes, Marcos volveuno tentar pero seica se anunciaba unha segunda cicloxénese explosiva. Adiárono para o venres pero á terceira, xa comprendera a dinámica:

–        Disque vén outra.

–        Disque.

–        A terceira nunha semana.

–        Ha ser record mundial.

–        Nin os máis vellos do lugar.

–        Así é.

–        Para a vindeira logo?

–        Mellor será, si.

E a vindeira reproduciu o da anterior e mesmo a seguinte empezou do mesmo xeito. Así que Marcos decidiu enfrontar as inclemencias do tempo meteorolóxico.

–        Sabes o que che digo?

–        Que?

–        Que se Mahoma… xa sabes.

–        Non entendo.

–        Que se volves quedar na casa, vouche eu para aí.

–        Bueno.

Entrou empurrado pola borrasca, bicouna salvaxemente, espíronse a golpe de refacho e fixeron o amor enriba da alfombra do recibidor. Ao terminar, Marcos reprimiu o berro liberador, Viva a borrasca!, mentres Maite pensaba: “custoume sete cicloxéneses pero por fin o pillaches, meu”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 5