medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Biosbardia abre outra fiestra para a difusión do libro galego na rede

biosbardia-2Os lectores de libros en galego  teñen outro espazo a seguir en internet: Biosbardia. Aínda que o portal se vén pensando dende finais de 2013, botou a andar formalmente este mes de febreiro. O proxecto está  dirixido por César Lorenzo Gil e no canda el participan como fundadores os tamén xornalistas Manuel  Veiga e Xan Carballa, todos eles teñen como nexo común que traballaron na histórica publicación A Nosa Terra.

César Lorenzo explícalle a Letra que Biosbardia quere: “publicar contidos relacionados co mundo dos libros cun perfil xornalístico. De aí que os xéneros que usamos sexan a entrevista, a reportaxe, a análise e a crítica. O noso interese principal é o libro en galego pero tamén estaremos atentos ás cousas interesantes que se publiquen noutras linguas, principalmente en castelán e portugués”.

O proxecto, que nace pensado para internet, busca a colaboración e participación dos lectores: “sería fantástico que grazas ao noso labor haxa máis xente interesada en achegarse aos libros escritos en galego”. Dende Letra en Obras saudamos esta iniciativa que sen dúbida servirá para poñer outra gran de area nunha tarefa tan necesaria: a difusión das nosa literatura.

Comentario a Biosbardia abre outra fiestra para a difusión do libro galego na rede

  1. Parabéns e bos desexos para tan ilusionante proxecto. Aquí estaremos, fieis e pendentes do que pola vosa xanela se albisque.
    Apertas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 12