medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Amor realmente fantástico

Un texto de Cris Pavón

Xa quería eu rematar este bestiario ─e non por falta de espécimes, senón por ir a outros regos─ mais o real imponse e haille que render a preitesía que merece. Especialmente neste caso, cando o real insiste no fantástico, eido tan propio dun bestiario. E a familia real é, ante todo, fantástica. Velaí senón a princesa número dous.

Cris Pavón

Cris Pavón

O amor. O amor é fantástico. O amor escúsao todo, o amor explica todo sen explicar nada. Apela ao irracional xa que o raciocinio sería implacábel e contundente: culpábel. O amor faiche quedar de parva, mesmo inhabilítate para ser representante da túa familia, pero líbrate de ir ao caldeiro. E se iso non é fantástico, que o é? Claro que ese amor, xusto á inversa do que fai nos contos de fadas, vai converter ao home escollido nun sapo engaiolado. Ai, se non lle quixeras tanto e lle tiveras escoitado un pouco, botado un ollo a eses papeis, a eses neghosios. Pero claro. Con tanto amor non se da abasto. Nin les, nin botas contas. Ai, o amor.

Así, irresponsábel, habitante do limbo, ficarás libre mediante o sacrificio do teu home, agora si, agora que a cousa púxose realmente fea. Xa o podías ter feito antes, no canto de marchares a Washington como se abondara con poñer auga de por medio. Pero ti non criches que a cousa se saíse do rego até tal punto, claro. Grande erro. Debiches ter en conta que se existen cousas como ese fantástico amor teu, todo é posíbel. Mesmo os fiscais defensores, si. Pero tamén os xuíces teimudos.

Claro que a todos nos gusta deixarnos levar polo fantástico, algunha vez polo menos. Ser a raíña de corazóns do País das Marabillas e berrar: que lles corten a cabeza!! Aínda que para moitos sería fantástico dabondo non ter monarquía no estado, en primeiro lugar; en segundo, xa de tela, que fose con individuos que poñen as obrigas desa posición de privilexio caduco por diante das cuestións persoais; e, xa en pleno devalo de preferencias, pedir que, malia que os individuos da familia real non sexan exemplares, polo menos que non se lles imputen delitos. Hai non moito soaría irreal, innecesario ese último chanzo. Arestora xa se pode engadir outro máis baixo: que de estaren imputados se boten á un lado e non enlamen máis.

Pois nin iso. Iso sería atender ao real, en ambas as dúas acepcións: a de realidade ─os feitos─, e tamén a de realeza ─o parentesco─, ente no que esa familia debería ter máis interese ca ninguén en mantelo ceibo de deshonra.

Pero teiman no fantástico, e compre espertalos, por moito que a tradición nos teña afeitos ás princesas de sono pesado.

Unha princesa está imputada! Iso non foi doado, pero houbo quen tivo a valentía de facelo. E iso ten un corolario, que non é un ‘colorín colorado’ senón unha evidencia indiscutíbel: o rei está en pelotas!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 7