medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A mirada de raios X

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

Hai pouco linlle a Ramón Rozas, no seu espazo de comentario literario Gotas de Tinta en El Progreso, unha loanza entusiasta de Manuel Rivas, a conto dunha xuntanza deste último cun grupo de nenos para presentar un libro. Seica a Rozas lle emocionara ver a Rivas botar por terra a figura do “escritor estrela”, que segundo o articulista sería aquel que refuga o contacto co público. Que eu lembre, non o especificou, pero adiviño que lle atribúe a tal estereotipo de escritor un marcado desdén cara o lector.

Non é infrecuente hoxe ler e escoitar xuízos non moi meditados nesa liña. De tódalas maneiras, non está de máis reparar en algo fundamental. Antes de nada, aclaremos que un escritor que decide resultar moi mediático ou accesible pode perfectamente ser un ególatra, e sería xustamente a súa egolatría a que o movería a procurar esa proximidade constante da masa, ou máis ben da adoración que esta lle profesaría.

Logo, hai que ter en conta que, se un escritor decide resultar pouco mediático ou accesible, esta decisión non ten que estar motivada por forza por unha cuestión de egolatría. É posible que existan escritores co ego tan subido que teman vérense ensuciados pola suposta mundanidade dos seus seguidores ou dos curiosos que alí comparezan. Non sei, non digo que non. Mais ocórreseme que a reticencia a ser figura máis ou menos protagonista por parte dun escritor pode moi ben indicar a súa convicción de se sentir pouco importante, ou non tanto, en todo caso, coma a súa obra. Isto é, un ego nuns límites moi razoables, sen traza ningunha desa altiveza de “estrela”, pois. Postura esta que atopo moi saudable. Unha menos coidadosa pode deixarche o caletre coma un retrete posdiarrea.

De xeito que, a poder ser, convén usar a mirada de raios x con máis frecuencia. A Supermán sempre lle deu bo resultado. E é que, por baixo da capa exterior de ideas preconcibidas, sempre moi gratificantes, adoita haber algo ben máis interesante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 3 =