medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘A Memoria da choiva’ e ‘Vento e chuvia’, os máis vendidos no arranque deste 2014

A+memoria+da+choivaA última novela de Pedro Feijoo, A memoria da choiva, e Vento e chuvia, de Manolo Gago, son as obras máis vendidas en galego no pasado mes de xaneiro. Na listaxe que deu a coñecer no seu blogue o crítico Ramón Nicolás, tamén están, na categoría de narrativa, Sete Caveiras, de Elena Gallego; O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro; e Legado nos ósos, de Dolores Redondo.

No apartado de poesía, os tres libros máis demandados en xaneiros foron Moda galega reloaded, de María Reimóndez; Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias; e Ningún precipicio, de Olalla Cociña. Na sección de ensaio o libro máis vendido foi un mes máis Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, seguido de Exhortación á desobediencia, de Xosé Manuel Beiras.

No apartado LIX, encabeza as vendas Todos somos, de Marcos Calveiros; seguido de Mortos de ningures de Pere Tobaruela e Ledicia Costas.O álbum ilustrado máis vendido en xaneiro foi Pan de millo, de Migallas. En banda deseñada, Astérix e os Pictos.

Podes ver aquí a listaxe completa con todos os títulos e seccións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 12