medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

U-las Letras das mulleres?

Un texto de Lara Rozados

Lara Rozados

Lara Rozados

Fáiseme difícil escoller un tema sobre o que escribir un artigo de opinión para inaugurar o ano en Letra en Obras. Hai tantos! Reviso as últimas achegas, e malia que me ferve o sangue coa reforma da lei do aborto de Gallardón, vexo que xa Pily Dopazo escribiu sobre o tema. Haberá que pensar noutro… Aquí o está! Escribía Sucasas, no artigo anterior, que a literatura é das mulleres, e mencionaba os últimos premios gañados por moitas compañeiras. Entón formúlaseme unha pregunta: onde van as mulleres na conmemoración do Día das Letras Galegas? Quitando Rosalía de Castro (tamén, só faltaría), a quen se lle dedicou no 1963, no centenario de Cantares Gallegos, Francisca Herrera Garrido, primeira académica electa da RAG, pero tamén ben pouco feminista, e María Mariño, grazas, en boa medida, ao esforzo de publicacións coma Festa da Palabra Silenciada ou ao labor da Comisión de Xénero do Consello da Cultura Galega, de cuxa existencia real algún dos señores académicos chegou a dubidar, non hai máis exemplos de mulleres homenaxeadas o 17 de maio.

Lembro unha entrevista, hai anos (no ano de María Mariño, o 2007, se non lembro mal), a María Xosé Queizán sobre a ausencia de escritoras no Día das Letras, en que respostou que o problema é que a literatura escrita por mulleres é relativamente recente en Galiza, e non se dan as condicións para atopar homenaxeadas que leven dez anos mortas. Pero con todo, dicía Queizán, hainas. Mais sendo como é a Real Academia Galega unha institución fondamente patriarcal (só hai seis mulleres nos seus asentos), non é de estrañar que as súas escollas vaian por outro lado. Nunha literatura que ten como figura fundacional unha escritorA, e con tantas e tan prolíficas literatas na actualidade, algo falla. A ver se nos próximos anos teñen o seu día Xela Arias, Luísa Villalta, María Victoria Moreno. Mentres tanto, celebremos o ano de Xosé María Díaz Castro, pero coa vontade de que os vindeiros anos, na vez de seguir botando escuridade sobre as nosas escritoras, sexan redescubertas, reeditadas e recoñecidas. Non son moi amiga das homenaxes a mortos e mortas, pero si cómpre ter en conta o labor revitalizador e rescatador das súas letras que ten o Día das Letras Galegas, e a súa capacidade de autoafirmación. Vai sendo hora de pensar na literatura das mulleres como algo tamén digno de homenaxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 4 =