medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Prezados lectores

Un texto de Elba Becerra

Elba Becerra

Elba Becerra

Non me lembro dos enderezos postais de ninguén e iso é un problema á hora de poñerse a escribir postais no Nadal, por fin consigo algunhas direccións…Ah! Canto tempo hai que non apuntaba coidadosamente os códigos postais, os nomes e apelidos, que non mercaba os selos, que non me achegaba a un lugar tan máxico como a oficina de correos para deixar as miñas postais abandonadas á súa sorte nunha escura caixa postal…agardando que cheguen ao seu destino final. Destino en forma de esquecido recuncho? De ornamento decorativo do Nadal? De paraíso das misivas perdidas?. Buf!! canto tempo!…que digo tempo? Pero se eu non escribira postais de Nadal en toda a miña vida…e direi máis! A pesares de contar cunha familia intimamente ligada a Correos nunca botei man do arte epistolar.

Sempre está ben recuperar unha boa tradición (dígome  a min mesma), aínda que nunca fóra a miña…

Nesta época ando a pensar na teletransportación. Si. Como a barra de chocolate de Willy Wonka que se teletransporta a través do televisor, supoño que será porque estamos no tempo dos clásicos e dos dóces tamén. Agora ben, ata que ese soño se convirta en realidade, que máis teletransportacion hai que enviar un anaquiño de ti en forma de postal, fax, telegrama ou carta?

E que ilusión fai recibilas, algo máxico nos envolve cando abrimos a porta feita para elfos da caixa de correo e atopamos algo diferente, algo único,- Non pooooooode ser? Non se trata de facturas ou correo comercial…Miña nai! É unha carta! Oeoeoeoe!- rachar con ansia o sobre e sentir que alguén se lembrou de ti. Tanto como para adicarche unhas letras.

E que estilos de cartas hai moitas, case tantos coma remitentes hai no mundo. Hai cartas traxeadas con falsa paixón coma as que redacta Choderlos de Laclos na súa marabillosa novela epistolar As amizades perigosas…hai cartas cheas de crítica, xenreira, amargura e verdadeiro amor como a longa epístola que escribe Oscar Wilde dende o cárcere que ansiaba resposta en De Profundis…cartas que se converten en relatos como, por exemplo, as que escribe Marina Mayoral en  “Querida Amiga”…cartas imaxinadas como as que viñan do Polo Norte dirixidas os fillos de Tolkien…

Cantas perturbadoras e orixinais  cartas se escribirían ó longo dos séculos… e eu aquí sen nada orixinal que escribir nas miñas típicas tópicas postais de Nadal…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 8