medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O 24 de febreiro, enchamos cidades e aldeas do país de libros e flores!

GraffitiRosalia1-733x1024Unha literatura máis vizosa e dona de si é fundamentalmente unha tarefa dos escritores e das escritoras pero tamén, á par, da cidadanía lectora. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) está a programar unha serie de actos para conmemorar o vindeiro 24 de febreiro o nacemento de Rosalía de Castro. Un deles é animar aos galegos e galegas a aproveitar este día para instaurar un fermoso costume: agasallar cun libro en galego e unha flor aos nosos máis achegados, algo que en Cataluña se celebra con envexable éxito cada 23 de abril (Día de San Jordi).

De cara ao 24 de febreiro, a AELG tamén convoca o programa GraffitiRosalía, dirixido especialmente aos centros de ensino de toda Galicia. No mesmo convídase ao alumnado a escribir versos e pinturas referentes á autora nos muros próximos aos centros escolares.

Podes ver aquí o programa da AELG para o Día de Rosalía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 15