medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Moito máis que trazos

Un texto de Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Foron 42, as ilustracións que John Tenniel fixo para Alicia no país das Marabillas, logo de que Carroll desistise de debuxalas, consciente do tempo que lle ía levar e de que a calidade non sería a desexada. E 537 coas que Sidney Paget conformou a imaxe, aínda vixente, de Sherlock Holmes, criticada polo propio Conan Doyle por consideralo máis atractivo do que el pretendía nas páxinas da súa obra. O fidalgo máis representativo da literatura ten a figura tan recoñecible que Gustave Doré lle proporcionou. E Matilda vén sendo a filla fervellasverzas do marabilloso tándem creativo que facían Roald Dahl e Quentin Blake. Así acontece con infinidade de personaxes que tomaron unha aparencia universal, que fica na memoria colectiva dun xeito crible e inamovible.

Foto 1Paréceme un paradoxo que o argumento que máis se escoita en contra das novelas con ilustracións é que coartan a imaxinación e a liberdade dos lectores, mentres que os contos que les de neno, xusto cando o maxín traballa a pleno rendemento, están cheos de ilustracións que se comen os textos, collendo o valor que merecen, amosándonos outros mundos, guiándonos polas historias. Teño moi claro que isto é unha cuestión de preferencias, e respecto fondamente as de cada un, mais quero reflexionar sobre isto porque eses libros que citei arriba non os entendo sen as fantásticas ilustracións que os acompañan.

Os adultos que amamos a ilustración tiñamos, até hai relativamente pouco, que coleccionar contos para nenos ou novela gráfica (e o seguiremos facendo porque nos encantan ambos xéneros), mais para o noso gozo, fixéronse tendencia os albumes ilustrados para adultos. Admiro moito os proxectos de editoriais galegas como Kalandraka, Oqo, Patasdepeixe, Bululú… e tamén son fan das auto-edicións de talentosos ilustradores, e entristéceme atopar novas coma esta que fai visible a realidade dos profesionais do gremio, obrigados a marchar fóra para poder vivir do seu traballo e acadar o merecido recoñecemento.

Foto 2En Galicia temos unha asociación de Ilustradores con máis de 130 socios, cunha calidade incuestionable e ampla variedade de estilos e plásticas, polo que cómpre preguntarnos que é o que falla para que a meirande parte deles non poidan vivir da profesión? Quizais non valoramos o que aportan ao mundo literario na súa xusta medida… quizais as imaxes, que sempre dicimos que valen máis ca mil palabras non se cotizan de igual xeito… quizais simplemente sexa outra desas discriminacións que se dan en tantas profesións infravaloradas.

Gostaría moito de que as súas obras non estivesen limitadas no espectro literario só a albumes ilustrados, e que as editoras, e tamén os autores, apostasen por incluír ilustracións en novelas, compilacións de poemas e incluso teatro, para universalizar as personaxes das nosas letras. Que os debuxos fosen máis alá dun recurso para a cuberta, contribuíndo ao imaxinario colectivo do país…

Pero para gustos píntanse cores e aínda que eu desexe que se pinten moitas, as tendencias marcarán os rumbos dos nosos ilustradores e ilustradoras, aquí e fóra. O que si podemos facer é reparar no seu traballo cando o teñamos á vista e darlle o valor que merece, que é moito, e non deixar que sexa o tempo o que faga memorables aos nosos artistas do mundo da ilustración.

 

2 comentarios a Moito máis que trazos

  1. Hola me gustaría hacer mención en este día también a la ilustración para el textil, el merchanding, la animación, la publicidad, diseño gráfico… ya que también es trabajo de ilustrador y que pocas veces se cita concentradolo todo en el mundo de la editorial.

    Un saludo
    Susana

    • Concordo totalmente contigo Susana. Neste caso pretendía abordar unha pequena parte do traballo dos ilustradores, a máis relacionada coas letras. Traballo no eido do deseño gráfico e son moi consciente dos problemas que teñen os compañeiros ilustradores para xustificar, defender e poñer en valor o seu traballo en todas as dimensións que conforman a profesión.
      Pasiño a pasiño faise camiño, e ogallá chegue o día na que parágrafos coma os de arriba non teñan que escribirse.
      Unha aperta,
      Raquel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + 3 =