medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Magazine Cultural Galego: o bo xornalismo prende incluso no inverno

Montse Dopico

Montse Dopico

Nunha climatoloxía tan extrema como na que vive o xornalismo en lingua galega, ás veces abrollan flores tan sinxelas e fermosas que son quen de desafiar as xeadas máis pertinaces. A última milagre botánica apareceu en forma de agasallo de Reis. Montse Dopico (A Pontenova, 1977) estrea nova versión de blogue, que leva por título Magazine Cultural Galego. Máis que un blogue atopamos unha revista que guiará unha das mellores profesionais da información cultural, e moi especialmente da literaria, que temos no país.

A nova publicación electrónica recollerá o traballo que Montse Dopico realiza para diferentes medios de comunicación e tamén textos inéditos. Nesta estrea xa podemos ver dúas entrevistas (a Samuel Solleiro e a Berta Dávila), dúas crónicas teatrais e un artigo de opinión sobre a muller na sociedade rural tradicional.

En resume, unha revista para seguir con moita atención xa que de seguro aquí atoparemos pegadas do mellor xornalismo cultural en lingua galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 5 =