medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Indígname…

Un texto de Pily Dopazo

Síntome vexada, ultraxada, violada…
Sinto como levantan os ósos dos meus da súa última morada e os insultan e lles chuspen á cara; sinto como rin mentres len a nosa indignación, como se sentan nos sofás de pel dos

Pily Dopazo

Pily Dopazo

seus amplos salóns na súa casa, como dende as marabillosas butacas dos seus despachos, eses aos que nós lles demos o salvoconduto de entrada, se miran uns a outros e rin, rin das nosas caras, rinse dos nosos sentimentos, rinse dos nosos dereitos.
Quen se cren para decidir e mandar sobre nós e sobre os nosos corpos? Quen se cren para decidir sobre os nosos desexos? Quen se cren para decidir sobre o noso futuro?
Non creo que crean no que mandan; non creo que ante “un descoido”, ou a visión nunha imaxe de ecografia, ou os resultados dunha analítica que lles di que vén con problemas”, eles non recorran ao aborto, non o creo.
Non creo que se unha das súas fillas os chama por teléfono e lles di entre choros e voz entre cortada ás 2 da madrugada “papá, ven buscarme, estou escondida entre as árbores na escuridade para non ser vista” e eles chegan a recollela e vena co pantalón a un lado; as bragas ensanguentadas ata os nocellos; as pernas moradas; a pube con terra, mollada; as bágoas caendo como ríos pola súa cara e o medo na súa mirada, non me creo que non caian axeonllados chorando como a súa filla da impotencia e a rabia nun primeiro momento e logo a leven a un hospital para que, se pasados uns días unha proba dá positivo, queiran que ese fillo veña igual a este mundo.
Non creo que as mulleres volvamos ser só procreadoras; non creo que as mulleres volvamos non poder tomar decisións; non creo que as mulleres volvamos ser a súa posesión.
Non podo nin quero crelo; non deben nin poden facelo; non debemos consentilo, non son os nosos donos.
Indígname!
Síntome vexada, ultraxada, violada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 10