medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Histeria

Un texto de Diana López Varela

Ata hai pouco máis de cen anos pensábase que a histeria era unha doenza mental que só lle afectaba ás mulleres e que tiña un tratamento que pasaba por unha masaxe de clítoris impartido na propia consulta do doutor que tocase que, a veces, derivaba esta ardua tarefa a unha comadroa. Mulleres de todo o mundo afectadas por ese suposto trastorno mental acudían ás consultas para seren tratadas dos seus síntomas de nerviosismo, esvaecemento, dores de cabeza ou perdas de apetito. O orgasmo era a solución a gran parte dos seus males.

Diana López Varela

Diana López Varela

Co descubrimento do vibrador eléctrico, a finais do século XIX, os médicos acusaron un descenso de consultas por esta “enfermidade”. A liberalización sexual feminina do século seguinte, a popularización da píldora anticonceptiva e os novos estudos psiquiátricos que descartaban a veracidade deste trastorno (relacionado exclusivamente coa muller e co seu útero) permitiron a disociación a trebón de decenas de trastornos mentais que se metían dentro do saco da histeria: ansiedade, hipocondría,  ou trastornos de conversión. E xa non só falamos de mulleres histéricas: homes, nenos, adolescentes e demais familia, comezaron a ser carne de padecemento dos desagradables síntomas desta colección de trastornos.

A Eva Pecadora comezou a ser un mito nas sociedades posmodernas, pero a histeria, a día de hoxe, segue estando demasiado relacionada co xeito de comportarse das mulleres. Digamos que as veces que escoitei e dixen, eu mesma, “é unha histérica” ou “Estou histérica” non se corresponde, en absoluto, coas que puiden relacionar este termo co xénero masculino. Creo que non lembro a ningún tipo histérico. Estresado, si. Nervioso, tamén. De mal humor: moitos.

O señor Lars Von Trier –que era un dos meus cineastas preferidos ata que a súa misoxinia rematou por furarme o cerebro- non para de retratar nas súas películas a mulleres histéricas, ou rematadamente tolas. A súa última obra, Nymphomaniac, mostra unha muller desesperada e alporizada que só atopa consolo e calma no sexo. Algo que tamén lle produce un horrible sentimento de culpa, e dor, moita dor. Unha enferma que se desafoga e se castiga con altas doses de folleteo. SEN CONTROL. A Eva Pecadora fodéndoa outra vez. Unha histéricas das de toda a vida.

Hoxe atopeime a min mesma nun momento de tensión mental tan grande que me vin castigándome cun “estou histérica”. Era tal a carga de estrés que viña acumulando que me puxen a vomitar estupideces sen sentidos algún a quen intentaba facerme rir, mentres fumaba e tomaba café e chocolate milanés sen ningún tipo de autocontrol. Estou segura que os que me acusan de ser unha muller de moral laxa atoparán evidencias máis que suficientes de histeria neste comportamento tan censurable. Repito: nicotina, cafeína e chocolatina. Faltábame un pouco de codeína para poñerme como unha moto. Mágoa que non teña catarro.

Despois dun anaco escribindo e charlando, parece que me pasou a sobredose de estrés e puiden controlar o meu útero antes de que me afogase coas súas desmesuradas contraccións, que a punto estaban de facer explotar o peito, xusto antes, tamén de cortarme as veas cun coitelo de manteiga, para que o noso Señor non me vise morder na mazá prohibida.

Tiven que cruzar con forza as pernas mentres me balanceaba na miña cadeira de escritorio. Afortunadamente, nin sequera cheguei prender o vibrador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + 4 =