medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Eu lin (e gostei de ler) a Caneiro

Isabel G. Couso

Isabel G. Couso

Un texto de Isabel G. Couso

Houbo un día en que Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963), escritor hoxe acusado de perseguir os camiños do bandullo… Dicía eu que houbo un día en que Xosé Carlos Caneiro era o máis cool e talentoso de todos cantos escritores comezaban a escribir en galego. Acreditábao a crítica e confirmábano os galardóns que recibía: un tras do outro. E enumero a seguir: Celso Emilio Ferreiro no 89 por Da túa ausencia; O Xerais no 92, por O Infortunio da Soidade; Johan Carballeira no 96 por A valga do triste amor; Torrente Ballester no 96 por Un Xogo de apócrifos; García Barros no 99 por Talvez Melancolía; E chegou o 2000, no que se fixo cun tres por un: o Premio Risco por A rosa de Borges; o Blanco Amor e o Eixo Atlántico por Ébora.

Foi na altura da miña adolescencia que, confésoo, collín nas miñas mans un exemplar do hoxe denostado autor verinés. Na miña defensa direi que acababa de recibir o Johan Carballeira e, que sei eu, quería estar ao tanto do que premiaban no meu pobo. Para o que non teño desculpa é para o que admito agora: fiquei seducida por aquelas letras. A partir daquela, engulín todo o que Caneiro escribiu ao mesmo ritmo co que el seguía sumando galardóns. Asemade, debo indicar que as súas obras máis recentes xa non chegaron a pousarse na miña mesiña de noite, mais foi por causa de dirixir as miñas preferencias literarias cara outras latitudes, mais que por compreender a deshonra do meu gosto literario. Agardo ser escusada por ter admitido a miña vergoña.

A cousa é que agora o Caneiro converteuse no autor do Réxime. Coa súa habitual arrogancia, delátase en cada opinión, en cada entrevista. Recentemente presentaba o seu último libro, agora no idioma do Reino, e aseguraba ser cualificado como un traidor ao tempo que lamentaba a súa anterior militancia nacionalista, que avaliaba como un “erro” que, entendo, xa emendou. E a seguir, leo no blogomillo e nas redes sociais ocorrentes e chocarreiras mensaxes criticando xa non ao autor, senón a obra do ínclito escritor. Aínda máis: observo como moitas mentes preclaras mesmo se gaban de non ter collido un libro de Caneiro na man.

Afiadas maldades e argumentos a xeito de disparates coma estes botan escuridade sobre grandes escritores como Ezra Pound (1885-1972), antisemita e seguidor de Mussolini, gran precursor da poesía experimental; como Knut Hamsun (1859-1952), recoñecido nazi e pioneiro na literatura psicolóxica; como o propio John Steinbeck (1902-1968), autor do gran libro As Uvas da Ira e, porén, moi criticado polo seu “capitalismo imperialista” amosado no apoio as tropas estadounidenses en Vietnam. Ou tantos outros autores, máis próximos no tempo, como Camilo José Cela (1916-2002), colaboracionista co Franquismo na súa mocidade; ou o propio Vargas Llosa (1936), xa icona do escritor conservador contemporáneo. Sen falar de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), acusado de aliñarse no bando franquista, e unha infinidade de autores máis.

Non quixera comparar a ningún destes recoñecidos escritores con Xosé Carlos Caneiro (aínda me queda vergoña). A enumeración é máis ben cousa de exemplificar. Non me corresponde a min valorar talentos literarios nin tampouco son quen de criticar os xurados de todos aqueles certames que ousaron outorgar os seus premios ao señor Caneiro. É sabido (e senón que conste) que, se por min fora, o señor Sucasas había tempo que tiña gaño o Anxel Fole para o que se postula, alén do Repsol de Narrativa seguro que tamén merecido. Mais acho inxusto cualificar a parte polo todo, a creación pola ideoloxía. Outro debate, de seguro máis interesante, é cómo persoas desprezábeis e ruíns poden ser responsábeis de grandes obras creativas. Sexa como for, a creación é tan extraordinaria e admirábel que é merecedora de todos os respetos. Fóra fica o mundo e as súas miserias.

 

9 comentarios a Eu lin (e gostei de ler) a Caneiro

  1. Eu tb lim a Caneiro 🙂 Apanhar O infortúnio da soidade com 15 anos deixou pegada… Agora, logo de 3 romances, a sensaçom de que se repetia de jeito contínuo fixo-se-me inevitável… já nom sei se mudou ou nom, que deixei de o seguir há tempo, antes de lhe colher mania.

  2. Considerar que a creación e a ideoloxía van por camiños distintos é mostra dunha inxenuidade tan grande, como a que pretenden insinuar os movementos sociais que se autodenominan apolíticos. A ideoloxía vai implícita na creación, igual que en calquera dos actos cotiás que acometemos.
    Distanciar a obra do autor resulta igualmente complexo, incluso coas grandes iconas literarias. Dicía o Cocteau que toda obra mostra unha conformación social. De ser así, tal conformación vai depender, directamente, da visión particular do individuo que a escriba. Reducindo todo a unha cuestión de perspectiva, a descrición de calquera feito vai ser moi distinta en función da ideoloxía que profesen cada unha das persoas que deban relatar o acontecemento.

  3. Isabel, eu tamén gostei de ler a Caneiro.Agora xa non, se cadra porque me cambiaron os gustos. Pasoume igual coa bebida. Tiven uns anos mozos que baixaba cubatas de licor43 e galletas de coco, e agora so pensar niso súbenme lascas do estómago. Non me meto na posición ideolóxica, que non debería importar no asunto literario (aínda que ás veces faise moi difícil fuxir dela).

  4. Moi interesante. O tema é que hai que ser un xenio para que a túa obra estea por riba da antipatía que xeras (e iso aplícollo a calquera personaxe público, escritor, actor, etc.). Se ti les os artigos de Caneiro en prensa (e non che gustan), como te achegas a calquera dos seus libros? Como moito moverate unha curiosidade morbosa pero os prexuízos van estar aí e non sei se a obra deste escritor está a tal nivel que é quen de contrarrestar iso.

  5. Coidado, Isabel: andas a pregoar unha mentalidade racional. Se segues así, acabas coma min.
    Na lista de vilipendiados estará tamén Céline, outro famoso simpatizante nazi a quen lle negaron homenaxes como escritor pola súa ideoloxía.
    O que podo dicir sobre o recoñecemento a X. C. Caneiro é que premios e boas críticas non significan nada, nin para ben, nin para mal. Sobre o dos xurados non digo máis nada ca que Deus lles dea máis tino do que tiveron nesta última década.

  6. Pingback: Eu lin (e gostei de ler) a Caneiro

  7. Este artículo es interesante, porque revela el enorme equívoco intelectual en que se mueve su autora. Compara a Caneiro con otros autores de ideologías execrables, nazis o fascistas (nunca comunistas, por cierto, cuando el comunismo fue una de las ideologías genocidas del siglo XX,con tantos asesinatos como el abominable nazismo).Pero ¿cuál es la terrible ideología que hace odioso a Caneiro hasta el punto de invitar a la señora Couso a debatir si el valor literario de su obra debe estimarse o no? Pues bien: la ideología terrible de Caneiro es ¡que simpatiza con el PP! Vaya por Dios. ¿Y qué es el PP? Pues es el partido al que mayoritariamente votan los gallegos, mientras las ideologías comunistas y de “liberación nacional” son, elección libre tras otra, minoritarias en Galicia. Pese a eso la señora Couso y sus correligionarios parten de que la razón moral está de su parte y hablan desde la superioridad, con un desprecio ya de partida a todo aquel que no piense como ellos, cuando la realidad es que la mayoría de los gallegos piensan como el señor Caneiro, y no como la señora Couso. Así que en próximas entregas, la señora Couso puede reflexionar sobre si el problema no lo tiene más bien ella y los que en el siglo XXI siguen defendiendo la pesadilla comunista o quimeras ruinosas como una Galicia independiente,que sumiría a los gallegos en la más cruda miseria. Por favor, a ver si se dejan de patochadas y van aterrizando a la realidad, que estamos en el siglo XXU

  8. Que cousas se pensan e se escriben aínda, en pleno século XXI! Pois resulta que eu cando leo a calquera escritor excelente, sexa Homero, Horacio, Dante, Shakespeare, Defoe, Poe, Stendhal, Flaubert, Stevenson, Tolstoi, Kafka, Borges, Cunqueiro, Torrente Ballester, García Márquez, en fin, cando leo boa literatura, leo literatura, e dáme exactamente igual todo o demais. Calquera escritor de altura sabe crear personaxes que emiten a súa propia voz e a súa propia visión do mundo. Que se confunda esta coa voz autorial só denota unha grave deficiencia no coñecemento, e no gozo, do que é a literatura, ademais dunha concepción bastarda da arte, como apéndice subordinado á ideoloxía. E aqueles “escribidores” fáciles de situar ideoloxicamente a partir da visión do mundo que se desprende das súas obras son lixo. Outra cousa diferente é que, collendo a un autor, e sabendo ou supoñendo ou encasillándoo de forma positiva ou negativa, segundo esteamos de acordo ou non coas súas libres opinións (que para algúns nunca serán libres, se non coinciden coas súas), se faga unha análise a posteriori para “deducir” a “ideoloxía” da súa obra. Se un escritor, un pintor, un futbolista ou un carpinteiro son moi bos no que fan, a min dáme exactamente igual o que pensen, e non lles vou ter máis ou menos simpatía, e aínda menos prescindir de valorar ou recorrer a eles, porque non coincidan comigo en canto á política, o gusto musical, a cor da pel ou a orientación sexual. Pero claro, eu son un bicho raro, e non un fascista.

  9. Aquí solo se publican los comentarios que hablan mal de Caneiro?.
    Se de buena tinta que hay por lo menos dos (que yo sepa) a favor de Caneiro y no se publican.
    Sois vosotros los demócratas? o sois tan sectarios que solo se publica lo que os interesa?
    Pensáis que sois los mejores y estáis muy confundidos, si no se piensa como vosotros ya eres un traidor. Os creéis el ombligo del mundo.

    Salud para todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 14