medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Científico vilipendio contra o ebook

Un texto de Marcelino F. Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Hai algún tempo, e desculpade unha vez máis a autocita, propuxen novos formatos para o libro: o crystal book, unha caixa de cristal onde cada punto se asociase a unha palabra; tendo unha superficie infinitos puntos, acollería seis historias infinitas, unha por cada cara da caixa. O elicoidal book: unha elicoide pola que os textos subisen e baixasen coma foguetes para redactar as novelas máis dinámicas da Historia. O fogueira book, un libro en lapas que fose ciscando palabras para elaborar relatos quentes. Ou o book con trituradora: os textos esnaquizaríanse así fosen lidos, chimpando as letras ó ar as cales se volverían xuntar para dar lugar a novas historias surrealistas.

A inviable proposta xurdía pola repugnancia que un sinte cara ao libro electrónico, ou electronic book, ou ebook. Postura esta que pode parecer máis ben retrógada, rancia, reaccionaria, contraria á tiranía da evolución tecnolóxica. Mais, non é certo que o retrogradismo se ergue hoxe en día coma un dos valores máis en boga? Así pois, quen é agora o descolocado: o individuo que descarga en dúas horas 2.500 libros no seu aparello para ter ó seu dispor o que considera grande antoloxía literaria universal, ou máis ben o que deixa transcorrer a tarde acompañado do maino renxer do papel cada vez que unha nova páxina do seu libro cobre a anterior?

Non habemos recorrer á melancolía instalada no arrecendo das follas dos libros, nin ó decorativo dos andeis vetustos ateigados de títulos, nin ó valor de cohesión social das bibliotecas, nin ó rol pseudo-romántico das librerías, nin ó labor artístico dalgunhas editoriais, nin a ningún dos tópicos que se adoitan utilizar para defender o libro en papel. Abonda con tirar proveito do bendito retrogradismo social.

Volvendo ó eido persoal: tralo paso do Nadal, cal tormenta tropical inversa, aparecen ben ordenados na miña mesiña de noite títulos de Pessoa, Rubem Fonseca, Roberto Bolaño, Dacia Maraini, Anxos Sumai, Toni Morrison, Celine… Vounos ter canda min, uns varias semanas, outros algúns meses. Serán compañeiros durante ese tempo, formarán unha sorte de caterva benfeitora ó meu asalto. Saudareinos cada noite, calibrareinos, palparei como se atopan ou, en realidade, como eu me encontro. E continuaremos repasando a historia que me queiran relatar. E antes de me despedir, revisarei as súas portadas e lapelas, e cambiareinos de lugar, e pode que mesmo escriba algo nalgún deles, cara ao final. E cando os despida, saberei onde me agardan para revivir, no futuro, o noso íntimo encontro destes días. E se cadra avellentarán canda min. E aló quedarán para que un día, posiblemente, alguén os volva escoller e imaxinar que noutro tempo e lugar, unha persoa distinta sostivo o mesmo exemplar, o cal lle deixou, seguramente, un pouso diferente (por non dicir dispar).

O libro en papel (o paper book?) permite unha relación tanxible home-libro. É un obxecto único e persoal de tal xeito que se integra morniñamente nas nosas vidas. O ebook é un ente conceptual, un concepto virtual; reside na nube tecnolóxica da cal o aparello, cal vella PDA reencarnada, non é máis cá súa plataforma de almacenaxe de contidos, o seu instrumento. Que ningunha tormenta tropical inversa o pouse xamais na miña mesiña de noite, tamén chamada de lúa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 9 =