medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A pluma é das mulleres

Un texto de José Luís Sucasas

O 17 de Decembro os píxeles do portal Letra en Obras arrecendían a muller: Cris Pavón viña de gañar o premio Modesto Figueirido, María Xosé Lamas o Arume de poesía e Yolanda Castaño o Novacaixagalicia, tamén de poesía. Mecaghonomundo! U-los homes? Remexín nas novas atrasadas e lin que Berta Dávila se fixera merecidamente e por goleada co Repsol de narrativa breve, Anxos Sumai co García Barros e Lidia Gómez entraba a formar parte da Factoría Biblos. Pero que lle pasa ao mundo? Púxose do revés ou que? Funme envelenando e apaguei o packard bell. “Vai ser mellor ir á taberna do Boliño, baixarlle un sol e sombra e ler o ABC, a ver se atopo acougo”, pensei. Cara aló marchei, a paso lizgairo e co ánimo destemperado.

José Luís Sucasas

José Luís Sucasas

O taberneiro regalou os ollos ao verme, non sei se porque non contaba comigo ou polas pintas que eu levaba. Ata pensei se coas présas saíra da casa sen peitear os rizos da caluga ou a raia revirada; por se as moscas, pasei a man pola cabeza, así coma sen querer. Asemade me poñía o licor riba do mostrador, díxome “traes cara rabuda” e preguntoume que carallo me pasaba. “As mulleres, Xan … As mulleres estannos comendo as papas diante dos fociños”, solteille. “Vaia ho! Mira ti que novidade! Pero ti de que piñeiro caíches?  Claro, tanto ABC xa sabía eu que non podía ser bo …”  “E logo para que o traes?”, pregunteille. “Eu non o traio, venme co Diario de Arousa, pero aquí ninguén o le; agás ti, claro.” O taberneiro foi buscar o Marca e mailo As e pousoumos diante miña, por riba do ABC. Encheume o vaso outra vez. “Anda, bebe e enreda con isto, xa verás como as cousas volven ao seu.”

E bebín. Vaia se bebín! E vin a luz, coma case sempre que bebo. A literatura é primariamente feminina. No principio era o Verbo, e o Verbo volveuse carne no corpo de Eva, que lle contou un contiño a Adán para animalo a probar a mazá, que el era mais de peras. E non debeu ser malo o conto, pois Adán rematou rillando a mazá coma se saciara unha langreira de meses. O conto de Eva foi a peza fundacional da literatura universal. Mágoa que non se conserve por escrito nalgures! Moito tempo despois disto, o Verbo volveu encarnarse no corpo dunha muller, unha tal Rosalía de Santiago. A tal muller, ademais de criar unha recua de fillos namentres o seu home andaba de varanda polo mundo adiante, escribiu unha boa chea de contos. A Deus grazas, desta vez si nos quedou constancia deles e supuxeron o nacemento da literatura galega moderna.

Falei de Eva, porque foi a primeira muller; e de Rosalía, porque foi a primeira galega. Pero son moitas mais. De feito, o Verbo faise carne no corpo de tódalas mulleres. Non hai mais ca botarlle un ollo ao xogo dos cativos: as nenas cóntanlle contos vizosos e interminables ás súas bonecas, namentres os nenos só son quen de emitir sons guturais e onomatopeicos coas súas pelotas e pistolas. E cando todos medran e se fan pais e nais, estas enchen de fantasía os ollos dos fillos namentres aqueles roncan no sofá ou berran na taberna que penalti de gol é gol. De que me estraña logo que as mulleres estean a fortalecer o edificio da literatura galega?  O anormal era que os homes ocuparan na escrita, durante tanto tempo, un lugar senlleiro e prominente. Porque non é o seu. E aqueles que escribían, coma Jaureguizar, Riveiro, Caneiro e tantos outros, unha de tres: ou eran afeminados, ou impostores ou lle proían tanto na cabeza os contos das nais e avoas que os chimpaban fóra ou lles rebentaba a cabeza. Poñédeos vós na categoría que vexades mais aquelada, que non quero eu meterme en problemas con ningún deles.

Tamén eu escribo redaccións, pero o meu caso é distinto. Non son afeminado, nin impostor nin me ferve a cabeza cos contos de miña nai, que sempre foi moi estrita e pouco amiga de lerias. O que pasa é que son Xémini, e xa sabedes, non somos homes nin mulleres, senón todo o contrario. Coma o sol e sombra que me pon o taberneiro, que non é sol nin é sombra, senón todo o contrario. Coidado co que pensades, tampouco é que sexamos hermafroditas, que de seguro algún de vós xa lle foi o pensamento cara alí. Somos todo o contrario, non sei como explicalo mellor.

Comentario a A pluma é das mulleres

  1. O texto é unha versión 2.0 do clásico tabernario “as mulleres sonche máis listas cós homes” en clave literaria (algo que neses ambientes non adoita interesar moito, de aí o novidoso da proposta). Si. Hai quen non o cre, pero numerosos homes de barra de bar sosteñen tal opinión.
    Penso eu que a cuestión non é tanto o sexo coma o xeito de escribir, pero ese é outro conto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 16