medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

91 anos despois, o Ulises de Joyce pode lerse íntegro en galego

ulisesDende hai escasas semanas está nas librarías a primeira tradución completa ao galego dunha obra mítica da literatura universal do século XX: O Ulises, de James Joyce. A novela, considerada de moi difícil tradución polos continuos xogos de palabras aos que recorre, marca un punto de inflexión na narrativa contemporánea, dende a súa aparición en 1922.

A editorial Galaxia encargoulle este traballo tan complexo a catro tradutores: María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle. Os promotores do proxecto sinalan que estas é “unha das obras que calquera lingua e cultura con tradición literaria debe incorporar mediante a tradución, polo que a súa publicación en galego é fundamental tendo en conta a súa importancia na configuración do repertorio de formas literarias e na cultura de hogaño”

Este mesmo venres, os autores presentarán a súa obra nun acto na sede coruñesa da Real Academia Galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 2 =