medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Vou gañar o Ánxel Fole, quedades avisados

Un texto de José Luís Sucasas

José Luís Sucasas

José Luís Sucasas

Hai dous meses publiquei neste mesmo portal que me presentara -cousa que non sabía ninguén- ao premio Repsol de narrativa e que non o gañara -cousa que sabiades todos-. Agora vou dar un triplo pinchacarneiros aceacú e facer público que fixen unha nova redacción, e que a vou presentar ao premio Ánxel Fole. E vouno gañar, por suposto. Se daquela desvelaba un sucedido pasado, agora anuncio o futuro mesmo; se daquela confesaba unha derrota, hoxe prognostico a miña primeira vitoria en xogos florais. E preguntarédesvos, a que vén tanta confianza nas miñas posibilidades? Acaso mellorei tanto a miña escrita que van caer de cu os membros do xurado? Acaso fun a clases particulares á Academia dos Xabieres (Docampo, Alcalá, Quiroga & Co. Lted)? Pois non, nada diso. Deseguido volo explico.

Non mellorei nada a escrita -non hai moito para onde-, e o verán paseino coa barriga ao sol, coma moitos de vós. Pero teño un plan para meter no saco o Ánxel Fole. A pérfida idea saqueina da famosa Lei de Murphy, que establece que “todo o que pode acontecer, acontece”. Entón pregunteime: pode suceder que gañes o premio? Non é probable, pero posible si, contesteime. Pois xa está, sendo posible é que pode acontecer; e se pode acontecer, daquela acontece. Excitado pola descuberta, marchei á taberna e convidei a todo deus a unha rolda de sol e sombras. Pero cando viña de volta, facendo equilibrios sobre a liña branca da estrada, acordei que a cousa non podía ser así tan sinxela e a presentación sen mais ao concurso non ía garantir o éxito, xa que todos os concursantes estariamos na mesma posición. Algo fallaba no meu razoamento. Daquela pisei unha bosta -a única que había en todo o traxecto-, e vin a luz: No caso dun premio literario, o universo sobre o que pode actuar a Lei de Murphy é o xurado, non os concursantes.

Recoiro! Xa o teño! Fago público que me vou presentar. Acéndense todas as alarmas nos membros do xurado, ben porque len a nova en Letra en Obras ou ben porque alguén llela conta, e póñense en garda e á defensiva. Pero que se cre este ghicho? De que guindeira caeu? Onde se viu cousa igual? exclaman doentes, ofendidos na súa integridade e preparación. Neste intre entra en escena o corolario de Finagle á lei de Murphy (tamén coñecido como Lei da Negatividade Dinámica): “Algo que poida ir mal, irá mal no peor momento posible”. Aguilloados pola miña prepotencia e afouteza, o mais probable é que os membros do xurado se poñan en contacto, e seguramente acorden unha cea secreta no Paprica da rúa das Noreas, ou no asador Coto Real de Rábade, para falar do asunto e pactar unha actuación conxunta. Agora que pensaba neles papando no Paprica, deume un non sei que e volvín á taberna por máis sol e sombras, que eu ben o merecía. Xa había tempo que non vía a miña cabeza tan lúcida e rápida.

O indignado corpo de xurados acorda por unanimidade que baixo ningún concepto eu podo gañar o premio, e dánse parabéns uns aos outros entre risos e brindes de gasosa. Pero un deles, seguramente non o máis listo, levanta a man e pregunta como raios van saber cal é a miña redacción, se todas se presentan baixo título e lema, libres e nada identificativos. Os risos conxélanse, botan as mans á cabeza e piden máis gasosa. Un deles, agora seguramente o menos parvo, propón que se lean os meus escritos xa publicados (se é que hai algún, claro), co gallo de collerlle o punto ao meu xeito de escribir e así poder identificar a miña obra entre tódalas concursantes.

Daquela ponse en marcha o corolario de O´Toole á Lei de Finagle: “A perversidade do Universo tende ao máximo”. Os meus pobres collen o traballo con moita ansia, lendo unha e mil veces a escorrida obra do chicken catcher de Cadrón. Rematan chocheando todos, vendo montes e moreas das súas pegadas en tódolos textos presentados, e asumindo inconscientemente o seu xeito de contar como cumio e medida da perfección literaria.  Chegado o intre da votación final elixen como gañadora, por unanimidade pasmada, a redacción que mais se parece á miña; ou sexa, a miña propia. Tal e como eu xa prognosticara a comezos de decembro do 2013; ou sexa, no día que estamos hoxe. Por certo, no retrato que acompaña este artigo estamos o mestre Fole e máis eu, no Campo Castelo. Unha provocación mais para o xurado. Ah, eu son o de verde fosforescente.

6 comentarios a Vou gañar o Ánxel Fole, quedades avisados

  1. Pois xa non che desexo boa sorte, xa que non che vai facer falla! Eu pola miña parte xa non me presento ao premio!
    Iso si, celebarémolo!
    Apertas.

  2. Ha ha há!!
    Mencanta!!
    Igual me presento eu tamén (pero só por facer vulto, eh)

  3. Pois mire, non reparara eu nesa vía. Un seguía a entender coma a máis axeitada para gañar case calquera premio literario a que implica non ser escritor vocacional. Non o vou imitar a vostede, que máis do que o teño feito non podería, pero tomo nota, como din os alcaldes.

  4. Marga, Cris e Vidal, a vida é así. Desta, o premio é meu. Pero invítovos a uns petiscos no Mesón de Alberto. Mais non podo facer.
    Apertas.

  5. Ten por seguro que se eu formara parte do xurado gañába-lo premio.

  6. Pingback: A ceacú e costa abaixo | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 7