medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Un día calquera

Un texto de Elba Becerra

O mércores pasado decidín achegarme ó supermercado despois de traballar. Se me permito facer un alto no camiño deste vivir axitado, gozo moito de percorrer os estantes.

Elba Becerra

Elba Becerra

Normalmente vou ó Lidl simplemente porque é barato, apoia ós produtores locais, é unha boa combinación para petos coma o meu, sen nada que envexar ó Sainsbury’s ou M&S…pero, en fin, este precisamente non é o asunto que nos ocupa agora.

Ala, que sorpresa!, hoxe descubro uns estantes adicados a unha nova liña de produtos etiquetados coa marca “Spain”. Hostia! Temos salsa alioli e un arroz especial para “Paelas”, non me digas?, por un intre sentín vergoña por non saber con que clase de arroz se fai unha paella. Diola! un prato tan tipicamente español…merda, e agora outra pequena crise de identidade…parece que me identifico tanto coa paella coma co black pudding en fin…

Pois si, parece ser que os Spaniards nos estamos a converter nun mercado real, e tan real Tell me about it. E así, coma xa vaticinei nalgún momento, conviviremos cos estantes polacos, italianos, orientais, indios e, como non, mexicanos…carallo, que multiculturais son os estantes, parece máis ben unha reunión de estudantes de Erasmus que un super.

Logo de comprobar que xa eran as nove e media e despois de coller as cousas que precisaba e outras que non tanto (sempre a mesma historia), puxen rumbo á caixa. A esas horas acostuma haber máis traballadores que clientes, excepto por algún que outro estudante que busca rapidamente algo para o lunch. Mentres escollía a que caixa dirixirme, pensaba, encántame vir a estas horas porque aproveito estas ocasións para ser atendida por alguén. Rexeito imaxinar un mundo sen caixeiros nos súperes. Chamádeme esaxerada pero xa vexo oito caixas automáticas contra seis atendidas por persoas así que…

A medida que me ía achegando á caixeira os meus ollos non daban crédito. Hostia! Parece unha señora bastante maior, polo menos o suficientemente maior como para non ter que traballar

Hi! My Dear– dixo efusivamente

Good morning!-

O primeiro pensamento que pasou pola miña confusa cabeciña foi que sería unha especie de voluntariado para calquera charity, que aquí lévanse moito estas cousas…mentres a mulleriña se queixaba do complicado que era distinguir as moedas tan pequenas, sempre sorrindo (como diría meu avó ela era moi humana);  eu reparaba na plaquiña pendurada do seu uniforme que me comunicaba  a súa pertenza ó equipo da empresa.

Despedinme cun compasivo Have a beautiful day!, e ela amable coma sempre  – You too, honey!

Dirixíame cara a saída reparando en que había outra caixeira moi talludita. Non daba crédito ó que acababa de ver. Xesús! Efectivamente están traballando…e foi alí, nese preciso momento, cando imaxinei unha terra na que os vellos se reincorporaban ó mundo laboral.

E como che cambiaba o  conto!.

-Mamá podes ir recoller a Martiño á escola?

-Ai filla, hoxe non che podo cambiáronme a hora no último momento, síntocho moito pero traballo de tarde.

-Avoaaaaaa!!! non queda nocilla para o bocadillo!!!!!

-Elba, deixa a avoa tranquila que disque ten que entregar a memoria anual e xa sabes como se lle pon a tensión co estrés…

-Maruxa, non sabes a última

-E logo, que pasou? Conta, conta…

-Lembraste de Paco?

-Si, si o rapás das fotocopias, non si?

-Ese mesmo, quedou no sitio!!! na oficina!!!

-Ai que desjracia muller, e iso que lle acababan de poñe-lo marcapasos…

-E que lle vas facer muller? Taba del..tiñaa alí…

 

 

2 comentarios a Un día calquera

  1. Moi bo artigo.

    Lamentablemente os nosos maiores traballan de novo cando deberían estar xubilados e os mozos devolvéndolles o que eles xa deron á sociedade.

  2. Paréceme unha moi boa representación gráfica/humorística do que acontecerá nun futuro non tan lonxano. Non quero pasar por alto que a mestura da retranca con pinceladas doutras culturas fan que o artigo sexa tan real coma simpático. A pesares da mensaxe que transmite consegue arrancar un sorriso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 12