medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Perdices a canonazos

Un texto de Vidal

Paréceme que nos últimos anos o relato perdeu interese aquí coma os chistes repetidos na sobremesa dun día de voda. A enorme maioría do que se edita en narrativa é novela; polo menos, nesa forma aparece nas librarías que aínda non gardan o libro galego canda as vasoiras.

Vidal

Vidal

Por outra banda, nunca lle deixa a un de estrañar como aparece, cada pouco tempo, alguén, xeralmente o que chaman unha voz autorizada, a agoirar a fin da novela. Van décadas con esta leria, coma naqueles filmes de ciencia-ficción de serie B dos anos 50 ambientados na década dos 70 con colonias terrícolas en Marte. Hai quen mesmo gaña premios de ensaio escribindo sobre iso. Ten mérito que tal tema dea para tanta palabra. Non sei. Eu non a vexo morta en absoluto.

E non só iso. Diría que, en narrativa e en cuestión de prestixio, e a semellanza do que fixo o gore no xénero cinematográfico do terror a partir da década dos setenta, a novela semella ter fagocitado por enteiro calquera dos outros subxéneros. Hoxe, a obra dun narrador cóntase por “novelas”. Nótense as comiñas. Non digo que os narradores só escriban novelas, senón que moitos reseñistas e lectores identifican, ou esa é a impresión, todo libro narrativo coma novela. Ese concepto difuso denominado novela curta, ou o relato, polo visto, non existen. “Non teñen público”, pensará máis dun editor. Ou ben existen pero son considerados mera técnica para os aspirantes a Manuel Rivas adestraren antes de se poñeren co serio. Revela, ós meus ollos, certa inconsciencia esta idea.

Tamén hai quen argumenta (non exactamente coas seguintes palabras) que a novela é a verdadeira narrativa, pola súa (seica) maior complexidade ou profundidade. Discrepo. Teño lido relatos mellores ca novelas enteiras. E relatos que contan o mesmo ca unha novela en dez ou vinte veces menos espazo. E relatos que contan máis ca unha novela nese espazo. E, isto paréceme fundamental, relatos que só podían ser relatos, en contraposición a novelas que deberan ter sido relatos. É moito peor un relato estalicado para obrigalo a adoptar a feitura de novela ca un relato que podería dar máis de si. Mais o que hai é iso, a capacidade de síntese considerada calidade de segunda.

Para deixar claro o anterior, unha sensación e un razoamento. A sensación: que, para o tempo presente, que corre lixeiro e fragmentario (todo son impresións, naturalmente), a narrativa curta resulta, cando menos, axeitada. E o razoamento: cada historia ten a súa medida. Unhas dan para un formato máis breve, outras para un máis longo. Se se despreza o formato breve, tarde ou cedo han chegar os inconvenientes, quéirase admitir ou non. É coma desprezar os cartuchos da escopeta porque as balas de canón son meirandes. Agora claro, se hai que ir cazar perdices a canonazos polo monte adiante, vale máis ter bo pulso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 7