medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Papel versus Pixel

Un artigo de Celia Parra Díaz

“Aquí está la Navidad…” (léase con voz de Raphael). Si. Seica o Nadal xa chegou. Así o amosa o alumeado público, o engalanamento dos centros comerciais, o estalido de cor nos escaparates e os anuncios de perfume como leitmotiv televisivo. Xa andan os cativos bocexando a lista de regalos e os pais facendo números para conseguir o último trebello tecnolóxico sen esfolar o peto a fin de mes. Porque agora os nenos piden, cada vez máis, pantallas. Máquinas.

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

Lembro que cando eu era nena (e diso tampouco hai tanto tempo) aproveitaba o Nadal para pedir libros. Recibín con moita ilusión o primeiro móbil e o primeiro ordenador portátil, por suposto, mais sempre lle tiven un cariño especial ó papel encadernado. E aproveitaba esas datas para apuntar na lista un antollo de letras que me acompañase de viaxe antes de irme deitar, ou no tren, ou nun parque. Despois fun (fomos) medrando, e os píxeles do android ou portátil de turno pasaron a substituír ás follas. No tren, no metro, cada vez máis ipads e ebooks. E cada vez menos libros.

Non pretendo volver á imaxe en sepia, nin é este un alegato obstinadamente analóxico. Son a primeira en recoñecer as marabillas das novas tecnoloxías e as súas aplicacións como amplificadoras de experiencias, contidos e informacións adaptadas ó ritmo dos tempos. Dei en cavilar todo isto a raíz dun artigo no que se reflexiona sobre a “morte” do libro en papel ante a chegada do dixital… ou máis ben da súa resurrección noutras vidas. Malia que o descenso das vendas é notable (en galego, máis aínda) semella que papel e píxel están chegando a unha coexistencia “pacífica”. As páxinas reinvéntanse como obxecto. A edición, o deseño e as formas toman importancia para conquistar ós que, coma min, gozamos do tacto das follas, o recendo a libro novo, o calor nas mans. “O libro morreu, viva o libro!”.

Penso que o futuro da literatura en papel é menos negro do que o pintan. Que a ameaza do electrónico non é tal, senón que finalmente a preferencia por un ou outro soporte dependerá dos gustos e dos usos. Dun lado, comodidade, capacidade de almacenaxe, mesmo prezo e posibildade de narrativa hipertextual. Do outro, un lenzo para subliñar e anotar nas marxes, para separar con marcapáxinas ou tickets da compra, para intercambiar e dobrar ata deixar gastado, para comprobar o paso do tempo na cor das follas. Sen que a batería se acabe nunca.

E como a mellor das metáforas, a miña opinión  neste anuncio.

Comentario a Papel versus Pixel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 5 =