medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

No mar, como na terra

Un texto de Isabel G. Couso

Isabel G. Couso

Isabel G. Couso

Acabo de voltar da Bretaña. Os meus pasos re-camiñaron as pegadas literarias que soñaron Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas ou Ferrín. De Percival, do Sochantre, do Santo Grial ou do Rei Artur tomei sendeiros e atallos sen retorno. Vin carballos, toxos, rumorosas paisaxes, cantís, lousa, costa verdecente… e calquei nos calcañais para non deixar que fosen separarse os pés dos pasos.

Alén dos castelos medievais, testemuños de mil loitas; das filloas e das centolas; dos barcos rodantes…fixen a mellor descuberta no Museo da Bretaña. Alí, unha mostra lembra os seus mariñeiros e espalla os segredos do mar, da pesca do bacallau, dos traballos dunha vida cercada nuns metros de eslora, nunha armadilla patronal.

Charles Huard (1874-1965), un ilustrador francés, debuxaba en 1903 un dos números do xornal ilustrado anarquista L’Assiette au Beurre. Esta publicación, polo que puiden saber, era unha especie de álbum crítico, que ofrecía deseños denunciando os problemas sociais da época. Poñía o acento nas autoridades, nos caciques, nos policías ou nos curas. E este número de comezos de século titulouse Pêcheurs et armateurs à retrouver ici, que ven a dicir algo así como “Os mariñeiros e armadores que temos aquí”.

No Museo situado en Rennes amosan algún daqueles debuxos e, atentos á ironía, os mariñeiros e armadores de alá non semellan moi diferentes aos de acá. Os deseños de Huard ben poderían ser tirados dun inédito album de Castelao, se ben saíron do prelo 26 anos antes de que o noso intelectual viaxase á Bretaña para publicar despois o seu estudo sobre as súas cruces de pedra. Foi unha desas descubertas improvisadas e singulares que non quixen deixar ocasión de partillar.

Na ausencia de ruído, dos queixumes e do balbordo das cidades, descubrín unha Bretaña que é a Galiza paisaxisticamente o que na lingua Galiza é a Portugal. Na obrigada visita museística fixen este achado menos agardado: a universalidade da arte do deseño, da crítica e, porén, das relacións do poder, no mar e en terra. Remexo nun bolso cargado de novas experiencias e soño con máis proveitosas viaxes.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 11